Imprimir

O ALCALDE DE LUGO PRESENTA A GUÍA EUROPEA DE BOAS PRÁCTICAS ELABORADA NO MARCO DO PROGRAMA LUGO SOCIAL


23/7/2008 No acto estivo a Concelleira de Emprego e o Alcalde de Trabanca, socio do proxecto

Tamén se presentou o libro Te lo diré mil veces, somos iguales

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, acompañado da segunda tenente de Alcalde e Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, e do Alcalde de Trabanca, José Luis Pascual Criado, presentou a Guía de Boas Prácticas elaborada polo Concello de Lugo dentro do programa europeo Lugo Social.

O Concello de Lugo edita 500 exemplares desta guía en galego e castelán e cds en inglés, galego e castelán para enviar a todos os socios. O Manual que se presenta, recolle o traballo realizado polos participantes, os obxectivos acadados e as pautas de traballo e de boas prácticas seguidas no desenvolvemento do programa, para eliminar as barreiras que teñen as persoas con maiores dificultades de inserción laboral.

A guía estructúrase en cinco partes. Nas catro primeiras descríbense as Agrupacións de Desenvolvemento, os obxectivos dos proxectos, grupos aos que se dirixen… Na quinta, descríbese o traballo de cooperación transnacional e remata cun glosario de termos.

Lugo Social é un proxecto transnacional, que forma parte da Iniciativa Comunitaria Equal, e que ten por obxecto a creación de máis e mellores postos de traballo, así como garantir que non se impida a ninguén o acceso ao mercado laboral.

Estivo liderado polo Concello de Lugo e como socios participaron a Universidade de Santiago de Compostela, a Cruz Vermella, COGAMI, a CEL, a Asociación de Empresarios do CEAO, a Asociación de Mulleres Empresarias, CIG, UXT, CC.OO, a Federación de Pais e a Fundación Mulleres. Como socios transnacionais formaron parte de Lugo Social o Concello de Trabanca e Sygilis de Grecia.

En Lugo Social participaron preto de 200 persoas, e destacou a ampla presenza de mulleres, foron 105, con respecto aos homes que só foron 94, e tamén o número de inscripcións iniciais, que superaron as 450. As persoas que non resultaron beneficiarias finais recibiron asesoramento, e orientación para o emprego, ou foron derivadas a outros servizos do propio Concello.

Dos 199 beneficiarios do programa, 134 eran españois e 64 inmigrantes, 18 persoas tiñan algún tipo de discapacidade, e 21 pertenecían a minorías étnicas.

Para favorecer a conciliación da vida familiar e laboral as mulleres con fillos menores recibiron axudas para garderías e comedores escolares por un importe total de 5.106 euros.

Durante toda a duración do programa realizouse un seguemento persoalizado da evolución da empregabilidade do beneficiario e ao remate comezou a intermediación laboral para procurar a inserción no mercado laboral.

A inserción laboral dos participantes nas tres fases do proxecto foi do 40%.
A finalidade do proxecto era facilitar o emprego de persoas caracterizadas por ter diferentes niveis de vulnerabilidade social, para ofrecerlles novas posibilidades de acceso ao mercado laboral, con especial incidencia sobre a mocidade, as mulleres e os inmigrantes.

Todas as actuacións incluídas en Lugo Social continúan no Pacto Territorial para o Emprego asinado por este Concello coa Consellería de Traballo da Xunta de Galicia, e en cada un dos proxectos de emprego postos en marcha polo Concello de Lugo.
 
A metodoloxía utilizada para acadar o obxectivo de lograr a empregabilidade das persoas beneficiarias do proxecto, foi a implementación de itinerarios persoalizados de inserción atendendo ás diferentes problemáticas de maneira individual, e adaptando a formación á medida das mesmas.

En Lugo Social asináronse convenios con 45 empresas nas que os beneficiarios fixeron as prácticas dos cursos e percibiron unha beca por asistencia de ata o 75% do IPREM por un importe total que ascendeu a: 94.180,79 euros.

Lugo Social e a súa transnacionalidade
Un dos prinicipios que rexe a Iniciativa Equal é o da transnacionalidade que fai posible que Agrupacións de Desenvolvemento individuais e as autoridades nacionais aprendan unhas doutras e colaboren de forma productiva, sen fronteiras.

O acordo transnacional asinado neste caso, leva o nome de e-social.face e nace co obxecto de levar a cabo novas experiencias que impliquen  motivación, incorporación, asesoramento, formación e práctica para evitar as barreiras ao emprego entre os diferentes grupos con dificultades de inserción laboral. Os socios trasnacionais son os proxectos Rayando la igualdad do Concello de Trabanca (Salamanca) e Syglisis da Asociación EETAA de Grecia.

Ao longo do proxecto realizáronse 6 obradoiros de intercambio no que se analizaron as políticas que en materia de inserción socio laboral con persoas en risco de exclusión social se levan a cabo nos distintos territorios:

No proxecto articuláronse tres plataformas diferentes:
- Pola inserción de colectivos desfavorecidos
- Pola prevención da marxinalidade
- Pola igualdade

Te lo diré mil veces, somos iguales
Neste acto de presentación tamén se aproveitou para dar a coñecer aos medios a publiciación do libro Te lo diré mil veces, somos iguales, no que participan 1.000 mulleres, e entre elas as concelleiras do equipo de goberno lucense, Concepción Burgo, Sonia Méndez, Luisa Zarzuela, Carmen Basadre e Dolores Vieiro.

A iniciativa, que conta co prólogo do Presidente do Goberno José Luis Rodríguez Zapatero,  parte do municipio de Trabanca que editará un total de 5.000 exemplares, e que se enviarán aos políticos e políticas de toda España, ás 1.000 mulleres participantes na iniciativa e a outros tantos homes que serán escollidos polas propias fotografiadas.

Cada fotografía vai acompañada dun lema que fai referencia á igualdade:

Sonia Méndez: "La igualdad es un largo camino. Hay que andar y andar para nunca más retroceder".

Concepción Burgo: "Las mujeres somos el 50% de la humanidad. La humanidad será más feliz el día que las mujeres decidamos en igualdad, cómo ha de ser el mundo".

Carmen Basadre: "Que no te callen, tu silencio no aporta, tu palabra importa".

Luisa Zarzuela: "Para la integración de las acciones de igualdad de oportunidades no existen recetas mágicas, por tanto, siempre se ha aprovechado el potencial de la difusión como canal universal, empleando todos los medios de cvomunicación a nuestro alcance llegando hoy al uso de las nuevas tecnologías e internet".

Dolores Vieiro: "La igualdad de seso, no presupone la igualdad sexual. La igualdad sexual no presupone, así mismo, la igualdad de seso".