Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

As visitas teatralizadas intensifícanse esta fin de semana polo Día Nacional de Galicia


# Mércores, 23/07/2008
Haberá un total de nove sesións entre o xoves e o domingo

O programa de visitas teatralizadas Lugo de alma romana, incluídas no programa Verán en Lugo que  a Concellería de Cultura e Turismo está a ofrecer as fins de semana, terá dous pases extraordinarios mañá xoves por mor da festividade do Día Nacional de Galicia.

O número de visitas teatralizadas á Muralla e ao centro histórico da cidade, que se realizarán dende o xoves 24 de xullo ata o domingo 27, ascende a un total de 9.

O horario será o seguinte:

- Xoves: ás 19:00 e 21:00 horas.

-Venres: ás 13:00, 19:00, 21:00 horas.

-Sábado: ás 13:00, 19:00, 21:00 horas.

- Domingo: ás 13:00.

A partir do próximo venres día 1 de agosto as visitas volverán ao seu horario habitual- venres, sábados e domingos-.

A duración das visitas é  de 60 minutos e as entradas teñen un prezo de 4 euros para os adultos e 2 para os nenos. Pódese recibir información e mercar as entradas no Centro de Interpretación da Muralla, nos hoteis da cidade e na Praza do Campo 15 minutos antes do comezo da visita.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova