Imprimir

A DELEGADA DE URBANISMO CONVOCA A COMISIÓN DE PLANEAMENTO PARA O LUNS 28 DE XULLO


24/7/2008

O luns 28 de xullo ás 11:00 horas está convocada unha xuntanza da Comisión Especial de Estudo do Planeamento que terá lugar no Salón de Comisións da Casa do Concello.

A xuntanza que se convocou o mércores 23 de xullo e que foi remitida inmediatamente a todos os grupos políticos que forman parte da Corporación, foi a iniciativa da Delegada de Urbanismo, María Novo.

A orde do día desta Comisión é a seguinte:

1.- Estado actual da tramitación do Planeamento.

2.- Incidencia da lei 6/2008, do 19 de xuño, de medidas urxentes en materia de vivenda e solo, pola que se modifica a lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

3.- Rogos e preguntas