Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo inviste máis de 360.000 euros nas obras de mellora e no mantemento dos centros educativos da cidade


# Xoves, 24/07/2008
As actuacións levaranse a cabo en 15 centros de ensinanza

A Concelleira de Educación, Dolores Vieiro, presentou esta mañá o plan de obras de mellora que se realizarán ao longo deste verán nos centros educativos da cidade. Nestas actuacións de mellora, sumándolle o mantemento dos centros ao longo do curso pasado, o Concello de Lugo investirá un total de 361.581 euros para que os centros estén preparados para a chegada dos rapaces co novo curso escolar.

A Concelleira explicou qe as obras planificadas están consensuadas coa dirección dos diferentes centros:

-CEIP Sagrado Corazón: picado e levantado do pavimento deteriorado e nova execución da impermeabilización e soldado de baldosa hidráulica, na terraza do porche lateral, o pintado de fachadas e o pavimento de corcho na aula de música. O presuposto para as obras neste centro ascende á cantidade de 16.700 euros.

-CEIP Rosalía de Castro: colocación dun bordo para recoller e desviar augas dfe escorrentía no patio cuberto do CEIP, execución dun porche metálico de 11x6 metros no acceso ao centro pola rúa Cambria, execución das bases de formigón e instalación de canastas na pista de voleibol, execución dun almacén adosado ao polideportivo e pintado da aula.-almacén. O presuposto ascende a cantidade de 13.557. A Concelleira indicou que a Consellería de Educación da Xunta de Galicia, porá en marcha para o vindeiro curso neste centro o comedor escolar.

- CEIP Quiroga Ballesteros:  realizarase o pintado de paredes e teitos, así como o esmaltado da carpintería das aulas. Para esta actuación realizarase unha inversión de 6.186 euros.

- CEIP Virxe da Soidade: Segundo explicou a Concelleira, neste centro a inversión é moi alta, de 75.203 euros, xa que entre as actuacións previstas está o cambio da  cuberta do polideportivo do centro.

- CEIP Luis Pimentel: as obras proxectadas correspóndese ao retellado parcial, sustitución de limas e remates das cubertas de lousa así como a limpeza dos canlóns do polideportivo e dos edificios do parvulario, infantil e primaria. O presuposto da obra ascende a cantidade de 9.041 euros.

- CEIP Paradai: neste centro realizarase, entre outras actuacións, o pintado de paredes e teitos das aulas, así como a reposición da plaqueta de diferentes zonas. O presuposto é de 13.448 euros.

- CEIP Manuel Mallo Mallo: realizarase a pavimentación do almacén polideportivo con gres, instalarase o panel de malla galvanizada para impedir o paso dos rapaces da zona de xogos ao aparcadoiro do centro e instalarase un aseo adaptado para cativos de 3 anos. A cantidade destinada á execución destas obra é de 7.186 euros.

- CEIP Menendez Pelayo: realizarase o pintado de paredes e teitos, así como o esmaltado da carpintería das aula. Ademais, realizarase unha limpeza antigraffitis nos muros. O presuposto ascende a 8.866 euros.

-CEIP Illa Verde: procederase a pintar varias dependencias e aulas, adecuarase unha aula para infantil e executaranse varias obras no comedor. O orzamento para a mellora deste centro é de 15.223 euros.

- CEI Fingoi II: as obras proxectadas inclúen o arranxo e ampliación do areeiro e o peche con cancela de seguridade no horto infantil. O presuposto da obra ascende á cantidade de 3.131 euros.

-CEIP de Casás: Entre as actuacións proxectadas inclúese a sustitución das portas de acceso principal no edificio de primaria para a súa adaptación á normativa actual, a adecuación dos peldaños da escaleira e o pintado das paredes e o teito da mesma. Ademais procederase ao esmaltado de radiadores nos pasillos da pranta baixa e do primeiro andar, e colocarase un mural de corcho na parede da entrada. As obras proxectadas supoñen un orzamento de 12.248 euros.

- CEIP As Mercedes: pintaranse os teitos dos porches, colocarase o solo de corcho na aula de educación especial, lixado e barnizado do corcho das aulas de educación infantil e realizarase a apertura da porta de acceso ao campo de fútbol. O presuposto ascende á cantidade de 9.925 euros.

- CEIP A Anexa: as obras proxectadas corresponden ao picado do zócalo e revestimento con plaqueta cerámica, remates e pintado da zona alta da escaleira, o pintado de paredes e teitos en tres aulas, na sala de profesores e dos aseos da segunda pranta do ala norte. O presuposto ascende á cantidade de 12.700 euros.

- CEIP de Albeiros: investiranse 9.923 euros en diferentes actuacións entre as que se inclúen a instalación dun equipo de captación de TDT, no cambio do foco exterior do porche e no arranxo dunha xardiñeira.

- CEIP da Ponte: neste centro retirarase un columpio en mal estado, adecuarase o patio de recreo con area, mellorarase o murio perimetral do patio de recreo, ampliarase o porche cunha estructura metálica cuberta, demolirase o muro de mampostería situado nunha zona de paso e instalarase unha sirena inalámbrica no polideportivo. O investimento neste centro supón 57.419 euros.

Ademais, a Concelleira explicou que "a estas partidas hai que sumar unha partida especial de 40.200 euros para amueblar os comedores escolares con todo o equipamento que precisan, así como outra partida de 3.000 euros para a renovación dos areeiros. Tamén hai que engadir 30.000 euros para a supresión de barreiras no centros de As Mercedes, Menendez Pelayo e no colexio de As Gándaras; 2.500 euros para pequenos arranxos na escola infantil de Serra de Outes e os 15.000 euros da inspección eléctrica dos centros de infantil e primaria que realizamos este ano".




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova