Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

No que vai de ano preto de 40 parellas celebraron a súa voda na Casa Consistorial


# Xoves, 24/07/2008
A Concelleira de Cultura e Turismo foi a edila que máis enlaces oficiou

Un total de 39 parellas contraeron matrimonio na Casa Consistorial no que vai de ano.

A Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, foi a edila que máis vodas oficiou, pois casou a 12 parellas. Luisa Zarzuela oficiou a cerimonia de 7 matrimonios e o Alcalde, José López Orozco, casou a 6 parellas neste 2008.

A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez é a seguinte que máis vodas oficiou con 5. As concelleiras Carmen Basadre,  e Dolores Vieiro celebraron dúas vodas cada unha, ao igual que o Presidente da Deputación José Ramón Gómez Besteiro.
 
O 21 de xuño e o 19 de xullo foron os días que máis vodas se celebraron no Concello este ano, oficiándose seis cerimonias en cada unha das datas.
 
Como é tradicional, coa chegada do verán o número de solicitudes disparase, pois en xuño tiveron lugar 10 vodas e 11 no que vai de xullo; fronte a 2 en febreiro ou 4 en abril. 

Respecto aos costumes que se seguen nesta cerimonia civil, moitas parellas escollen traxes nupciais e adornan con frores o Salón de Plenos da Casa Consistorial. Ademais, acompañan con música a celebración levando a grupos concertistas.

Ademais da lectura dos artigos 66, 67 e 68 do Capítulo V do vixente código Civíl, complétase a cerimonia cun poema que recita o edil oficiante. As obras líricas versan sobre a temática do amor e do matrimonio e os autores máis recorridos son Pablo Neruda, Pedro Salinas, Víctor Hugo, Khalil Gibran, Darío Xohán Cabana, Manuel María ou Xulio López Varcárcel.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova