Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O martes presentaranse as bases do 4º Concurso de Tapas de Lugo


# Xoves, 24/07/2008
Na pasada edición presentáronse 31 recetas

Por cuarto ano consecutivo a Concellería de Cultura e Turismo, que dirixe Concepción Burgo, e a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo, van poñer en marcha o 4º Concurso de Tapas de Lugo.

O vindeiro martes, 29 de xullo, terá lugar unha xuntanza na que poderán participar todos os os establecementos de hostalería de Lugo interesados neste concurso. Será  ás 11:00 horas no Salón de Plenos da Casa Consistorial para presentar as bases deste certame culinario que cada ano ten máis seguidores.

Este concurso, que se está a converter nun clásico da cidade,  ten como obxectivo mellorar a oferta existente e xerar novas expectativas no sector  difundindo as especialidades dos establecementos hosteleiros da cidade entre os lucenses, tal e como xa ocorreu  nas anteriores edicións, cun éxito rotundo de participación por parte non só da poboación local senón tamén de múltiples visitantes que se acercaron á capital lucense para degustar a súa afamada gastronomía. Así na pasada edición foron máis de 14.000 as persoas que degustaron algunha das 31 tapas que concursaron.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova