Imprimir

O CONCELLO DE LUGO PUBLICA NA WEB MUNICIPAL AS BASES XERAIS PARA O ACCESO A PRAZAS DE PERSOAL LABORAL E FUNCIONARIOS


28/7/2008 O prazo de inscripción comeza unha vez se publique no BOE e é para a quenda de consolidación de emprego temporal e quenda libre

O Concello de Lugo publica no seu portal web municipal, na sección de Réxime Interior, as Bases xerais para o acceso en propiedade a prazas de funcionarios e persoal laboral desta administración local en quenda libre e quenda de consolidación de emprego temporal -concurso oposición-.

A Xunta de Goberno Local aprobou esta Oferta de Emprego Público para a que o prazo de inscripción comezará unha vez saia publicado no Boletín Oficial do Estado (BOE). En www.lugo.es aparecen as bases que rexen estas probas, incluíndo titulación esixida, forma de solicitude para a participación, características da praza, fases nas que se divide a proba ou o temario esixido.

En quenda libre o Concello oferta:

1 praza de Técnico/a auxiliar de Arqueoloxía
1 praza de músico Trompeta-Fliscorno
1 praza de músico primeira parte -Saxofón alto-
1 praza de músico Percusión
1 praza de Educador/a social
2 prazas de bombeiros condutores

En quenda de consolidación do emprego temporal (concurso oposición)

1 praza de Arqueólogo/a
1 praza de músico solista -Saxofón barítono-
1 praza de músico primeira parte -Frauta-
1 praza de Psicopedagogo/a
11 prazas de bombeiros condutores
1 praza de Educador/a social