Cargando....
Concello de Lugo
11/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Corenta establecementos da cidade poderán participar no 4º Concurso de Tapas de Lugo


# Martes, 29/07/2008
O grupo The Cabriolets actuará nas festas de San Froilán

A Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, e Jacobo Bobadilla, representante da Asociación Provincial de Hostaleiros presentaron hoxe as bases do 4º Concurso de Tapas de Lugo tras a xuntanza mantida cos hostaleiros da cidade.  Nesta nova edición a organización quere chegar 40 establecimientos participantes, 8 máis que na convocatoria do 2007.

Cada establecemento só pode participar nunha das modalidades (que terá un máximo de 20 participantes cada unha) e deberá elaborar unha tapa podendo ser tradicional ou creativa.  O prazo de inscripción será do 18 ao 31 de agosto.

A Concelleira  de Cultura e Turismo destacou que  como o ano anterior haberá dous premios de votación popular:  tapa creativa e tapa tradicional San Froilán, pero ademáis este ano elixen aos 30 semifinalistas que optarán a conseguir aos premios de votación polo xurado de expertos. Ademais nesta edición haberá  un novo premio á tapa que mellor maridaxe teña co viño de denominación de Orixe Ribeira Sacra ou que mellor o utilice na súa elaboración.

Burgo explicou que “outra das novidades é que nesta ocasión os establecementos estarán obrigados a utilizar productos da nosa terra como base da elaboración, xa que o obxectivo é promocionar a nosa cociña e os nosos productos”.

Como na pasada edición haberá un Plano da Ruta do Tapeo que os clientes atoparán nos establecementos participantes  e contará con unha casilla por cada local inscrito no concurso. Aquelas persoas que consigan polo menos 12 selos dos establecementos entrarán nun sorteo. A Concelleira de Turismo indicou que “esta iniciativa trata de fidelizar o público ao mayor número de locais posibles”.

As tapas deberán estar á disposición do público do 13 ao 28 de setembro cun prezo entre 1 e 3 euros.

O cartel do San Froilán
Por outra banda, a Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, adiantou unha nova actuación das festas de San Froilán. O día 7 de outubro, na praza de Santa María actuará o grupo The Cabriolets, do que é vocalista Bimba Bosé.

Con este concerto continúase a completar un amplo elenco de artistas que actuarán ao longo das festas de San Froilán 2008 e nos que se inclúen: Pedro Guerra, Facto delafé y las flores azules, Conchita, Violadores del verso ou Diego el Cigala.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova