Cargando....
Concello de Lugo
12/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Bienvenido Mr. Marshall continuará co ciclo de cine Videoforum xuvenil


# Mércores, 30/07/2008
Será mañá xoves 31 de xullo ás 19:30 horas no Centro Social Díaz de Castro

Mañá xoves, 31 de xullo, continúa o ciclo de cine Videoforum, organizado pola Concellería de Xuventude que dirixe Carmen Basadre, e que está dirixido aos mozos e mozas lucenses maiores de 12 anos.

Nesta proxección, que terá lugar ás 19:30 horas no Centro Social Díaz de Castro, os asistentes poderán disfrutar coa película Bienvenido Mr. Marshall, ambientada no pobo Vilar del Río (Soria) na que se van a facer os preparativos pertinentes para recibir a unha comisión do Plan Marshall (autoridades americanas que dan axuda económica ó país).

O alcalde do pobo, é bonachón, algo duro de oído, pero un bo home. Este decide disfrazar ao seu pobo ao máis puro estilo andaluz para así sorprender ós seus visitantes e recibir máis cartos…

Pero ata o final non saberemos como estes visitantes reaccionan a tan magnífica recibida.

Con esta película traballarase en aspectos xeográficos, históricos, e permitirá reflexionar sobre aspectos salientables da película que o público esté disposto a comentar.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova