Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Ministerio de Administracións Públicas aporta máis de 135.000 euros para a segunda fase do 24x7


# Xoves, 31/07/2008
Este é un paso máis na modernización da Administración Local

A Concelleira de Sevizos Xerais, Luisa Zarzuela, presentou hoxe a segunda fase do proxecto “Lugo 24x7”.  Como explicou a edila “trátase da continuación do proxecto iniciado o ano 2007 por este Concello, coa finalidade de modernizar a xestión e as súas formas de funcionamento, e a de posibilitar a relación da cidadanía co Concello a través das TIC, para abrir a Administración Local aos cidadáns as 24 horas do día os 7 días á semana”.  

A Concelleira explicou que o Concello se atopa inmerso neste ambicioso proceso de modernización dos procedementos administrativos inspirado nos valores de transparencia, axilidade e eficacia, mellorando os tempos de resposta e dando solución ás problemáticas de almacenamento, arquivo e organización documental.

Zarzuela explicou que deste xeito, tras comezar os traballos de optimización, comprobouse a necesidade de dotar e formar ao persoal municipal en ferramentas que lles permitan facer efectiva a súa participación e implicación nas tarefas de normalización dos procedementos administrativos, sobre os que se seguirá traballando, consolidando unha nova forma de traballar e entender a cultura de servizo á cidadanía na que o persoal municipal é o núcleo e os cidadáns e cidadás o obxectivo.

De forma paralela, e como soporte, o intercambio de experiencia con outras cidades no ámbito da modernización recomenda a necesidade de establecer canles estables e flexibles de encontro, comunicación e, ata, de xestión de proxectos comúns neste ámbito, de forma que se sumen esforzos e estréitense vínculos.

Doutra banda, traballarase co obxectivo de certificar en calidade (cartas de servizos) determinadas áreas municipais e cumprir a normativa de seguridade en protección de datos.

Para levar a cabo este proxecto o Concello de Lugo conta cun presuposto de 338.000 euros, dos que o Ministerio de Administracións Públicas financiará no 40% do total do proxecto (135.200 euros).

A Concelleira explicou que as principais actuacións da segunda fase deste proxecto son:

- Oficina de Proxectos: centro coordinador e integrador de todas as actuacións en marcha ou en preparación identificados as visitas á totalidade das áreas do Concello.

- Actualización e auditoria de Protección de Datos: Accións de implantación da protección de datos, con labore relativas ao cumprimento da normativa vixente (protección física, lóxica e xurídica).

- Implantación de software de apoio ao traballo en grupo: para dar resposta á nova filosofía de traballo na que se procura a implicación do propio persoal municipal na optimización dos procedementos administrativos, detectouse a necesidade de recorrer a ferramentas de traballo en grupo que permitan flexibilizar a dedicación do persoal integrado en grupos de traballo, á vez que se mellora a xestión dos tempos das reunións presenciais.

- Posta en marcha do Cadro de Mando Integral corporativo: permite a explotación dos datos mediante informes estatísticos e a avaliación de indicadores de desempeño. Esta información axuda aos xestores municipais á toma de decisións con respecto ao uso que realizan os distintos cidadáns dos servizos municipais.

- Creación e posta en marcha do Portal da Concellería: Creación do Portal para cada unha das 12 Concellerías do Concello de Lugo. Este Portal estará composto de forma básica polo Cadro de Mando Operativo da área ou áreas delegadas a unha concellería determinada, onde o seu responsable poderá coñecer en calquera momento, desde calquera lugar e con calquera tipo de equipo que soporte a conexión a Internet, a información actualizada e en tempo real achega do estado dos principais indicadores que defina e resulten do seu interese.

- Certificación en calidade da Oficina de Atención á Cidadanía e da área económica: tras realizar a definición e implantación do sistema de xestión da calidade da Oficina de Atención á Cidadanía na primeira fase do proxecto, procederase á súa certificación, ademais da certificación en calidade da área económica do Concello.

- Redacción de Cartas de Servizo e avance en calidade dos servizos: a elaboración de Cartas de Servizos naqueles Servizos Municipais con maior relación coa cidadanía servirá como instrumento para introducir a xestión da calidade nestes Servizos.

- Optimización de procedementos: continuar coa incorporación de novos procedementos ao motor de tramitación, de forma que se somen aos xa previstos na primeira fase en execución e completen a oferta dispoñible pola cidadanía.

Fase I
A Concelleira recordou que a primeira fase do proxecto contou cun presuposto total de 195.301,08 euros, dos que o Concello aportou 108.500,60 euros e o Ministerio 86.800,48 euros.

Nesta fase implantouse un servizo de asistencia técnica centrado no desenvolvemento dun sistema Xestor de Expedientes Corporativo (BPM), ferramenta clave sobre a que se apoia a e-Administración, e que permite a xestión integrada dos expedientes automatizados, flexibilidad ao cambio, implementación da automatización de expedientes máis rápida e económica,  etc.

Este servicio de asistencia técnica tamén está centrado na implantación dun Plan de Calidade que acompañe á integración dos procedementos administrativos no BPM, mediante diversas fases de consolidación metodolóxica, simplificación e normalización de procedimientos, integración cos sistemas de información, acompañado de tareas transversales de formación, comunicación e reorientación da Oficina de Atención ao Ciudadán (OAC).




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova