Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde recibe na Casa do Concello aos campións galegos de ciclismo


# Xoves, 31/07/2008


O Alcalde de Lugo, José López Orozco,  e o Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, recibiron na Casa do Concello aos membros do equipo Club de Ciclismo Cidade de Lugo que se proclamaron campións galegos en contrareloxo individual, Jesús González e na categoría élite de fondo, Jose Antonio Cerezo.

O Alcalde felicitou aos integrantes do equipo lucense e afirmou que é un orgullo para a cidade contar con xente que traballa tanto para chegar tan alto no mundo do ciclismo.

López Orozco afirmou que desexa que os deportistas sirvan ao resto da mocidade lucense como exemplo de vida sana, de amizade e de esforzo.

Os rapaces recibiron como agasallo do Concello unha réplica da Mosqueira da  Muralla e pola súa banda, o equipo entregou ao Alcalde como recordo un mailliot do equipo.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova