Imprimir

A ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL CELEBRA O FIN DE CURSO


31/7/2008 As nenas e nenos difrutaron ao longo de toda a xornada con diferentes actividades

Preto de 50 nenas e nenos da escola infantil municipal de Serra de Outes celebraron o fin das clases unha festa na que estivo presente a Concelleira de Educación Dolores Vieiro.

Durante a mañá os rapaces difrutaron con diferentes actividades como teatro, títeres e xogos. Xa pola tarde, abríronse as portas aos pais que desfrutaron cos seus fillos dun tentempié  servido a modo de despedida do curso escolar.

Esta xornada serviu para decir adeus ata o vindeiro curso aos rapaces que continuarán na escola infantil municipal e a aqueles que pasarán á Educación Primaria en diferentes centros da cidade.