Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Presentada a nova imaxe corporativa e o "stand" promocional de turismo da Deputación


# Xoves, 31/07/2008
O logotipo e o expositor son algunhas das medidas previstas no Plan Director de Turismo 2008-2011da Deputación

Unha campaña de promoción turística e levar o expositor a feiras de España, Portugal e Suíza, próximas liñas da institución provincial en materia de turismo

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, e a Vicepresidenta Terceira e Delegada de Turismo, María Xosé Vega Buján, prestaron este xoves a imaxe que representará á provincia nos vindeiros meses.  O expositor e o logotipo son algunhas das medidas incluídas no Plan Director de Turismo 2008-2011da Deputación.

No acto, no que tamén estiveron presentes o Alcalde de Lugo, José López Orozco, así como técnicos da empresa creativa, numerosos representantes vencellados ó sector turístico e Alcaldes e Alcaldesas da provincia, Gómez Besteiro destacou que “a de Lugo foi unha das provincias máis esquecidas en materia de planificación turística durante anos. Seguro que moitos de vostedes quedarían igual de abraiados que eu cando en pasadas edicións de Fitur aparecía un stand da Mariña Occidental, outro da Mariña Central e outro da Oriental. Como ceñecedor da Mariña, sei que da para moito pero…”.

Neste senso, o máximo mandatario provincial valorou o proxecto impulsado pola compañeira de goberno e Vicepresidenta Terceira, María Xosé Vega. “Con actuacións como as que hoxe presentamos estamos apostando con feitos polo turismo. Coa nova imaxe o que intentamos transmitir é que Lugo é unha marca única, a provincia máis completa de España, e que desde a Deputación imos situar este produto no lugar que merece. Rematou o minifundio turístico e o localismo que non beneficia a ninguén. Nós apostamos pola colaboración porque dela caen iniciativas tan beneficiosas coma esta”.

Gómez Besteiro lembrou, ademais, que o Plan Extratéxico provincial contribuirá á mellora da imaxe turística da provincia. “Creo que estamos no bo camiño: Lugo sabe a donde quere ir e nós imos levalo onde merece”.

Pola súa banda, o Alcalde de Lugo, José López Orozco, amosou a súa satisfacción e dixo estar enormemente satisfeito coa presentación da iniciativa. “Estes son os pasos que temos que dar porque aínda que cada Alcalde defenda o seu municipio o produto turístico chámase Lugo”.

“Unha imaxe que represente ós Concellos da provincia”
A Vicepresidenta Terceira da Deputación sinalou que o pasado mes de marzo na presentación do Plan Director de Turismo “adquirimos un compromiso: buscar a imaxe que represente ós Concellos da provincia. Constatamos que somos unha grande descoñecida, polo que Lugo é un territorio por descubrir. Non foi doado elaborar a imaxe porque Lugo é unha provincia rica e variada”.

A Área de Turismo da Deputación investiu un total de 7.400 euros na creación do novo logotipo. A imaxe, creada por Juan Marcel, recibe o nome de “Lugo Terra”. É un “L” formado polo encontro dos ríos Miño e Sil, principais elementos naturais que modelan a diversa orografía das terras de Lugo.

Tanto as cores do logo, verde e azul, como o lema que o acompaña, De todo natural, é segundo o autor “un reflexo da desbordante vexetación e do dominio da auga, tanto no interior como na costa da provincia.

Para completar a nova imaxe corporativa, elixida pola Deputación de Lugo, presentarase tamén nos vindeiros meses o expositor, Lugo terra todo natural,  para o que se destinan preto de 40.000 euros. Este está formado na súa estrutura por cinco arcadas que representan simbólicamente os arcos naturais da coñecida Praia das Catedrais na Mariña Luguesa, e será a representación promocional da provincia nas diferentes feiras nacionais, estatais ou europeas.

         O “stand” é modular e adáptase ás necesidade de espazo e exposición.

Novas liñas en materia de turismo
A Vicepresidenta Terceira, no acto de presentación da nova imaxe da Deputación en materia de turimo, explicou cales van ser as medidas que o organismo provincial acometerá nos vindeiros meses. Neste senso, subliñou que “queremos abrir Lugo ós galegas e galegas, por iso en agosto empezaremos unha campaña de promoción turística, donde a nova imaxe corportiva estará en vallas das cidades galegas e nos medios de comunicación”.

         A segunda liña inclúe a estrea do expositor turístico no San Froilán, “que, tamén, levaremos ás feiras de España, Portugal e Suíza. É un stand atrevido, innovador e moderno”.

Estas novas medidas están incluídas nas accións que se van a levar a cabo dentro da Área de Turismo da Deputación, un departamento de nova creación que conta cun investimento total de 1.586.334,84 euros para o ano 2008.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova