Cargando....
Concello de Lugo
12/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Noites de cine continúa coa proxección de Sei quen es


# Mércores, 30/07/2008
Será mañá xoves a partir das 21:00 horas no Telecentro do Castiñeiro

O ciclo  Noites de Cine englobado no programa de …no verán ¡Lugo xa conecta! organizado pola Concellería de Servizos Xerais que dirixe Luisa Zarzuela continúa mañá xoves coa proxeción de Sei que es.

O filme, dirixido por Patricia Ferreiro, conta a historia de Paloma, unha xoven psiquiatra namorada do seu traballo e que coñece a un paciente inquietante e seductor chamado Mario nun hospital remoto.

Mario padece unha extraña enfermidade, o Síndrome de Korsakov, unha alteración da memoria que supón un caso de estudo apasionante para Paloma. A psiquiatra comeza a indagar na vida de Mario e a súa relación faise cada vez máis cercana.

O home é capaz de provocarlle sentimentos contradictorios, a asusta e a protexe ao mesmo tempo. Ela non poderá permanecer indiferente ante este personaxe que e trubador e desvalido á vez. Pero a memoria de Mario oculta un pasado aparentemente olvidado que amenaza con sacar á superficie perigosos feitos borrados da reciente historia  e que lles conduce a ambos ata o lado máis oscuro da realidade.

A proxección terá lugar, como cada xoves, a partir das 21:00 horas no Telecentro do Castiñeiro. Con posterioridade á proxección os asistentes poderán participar nun debate virtual sobre a película.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova