Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Lucho Fernández presentado como novo xogador do CB Breogán na Casa do Concello


# Mércores, 30/07/2008
O xogador galego fichou para a tempada 2008-2009

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, o Director Xeral do CB Breogán, Alfonso “Chete” Pazo, e o Vicepresidente do CB Breogán, José Manuel Ramiro Fernández, presentaron  hoxe na Casa do Concello ao novo xogador do clube lucense Jose Luis “Lucho” Fernández.

O Concelleiro deulle a benvida a Lugo en nome de todos os luceneses e desexou que esta fichaxe sexa todo un éxito deportivo para o club e, en definitiva, para a cidade.

O baloncestista galego formará parte da plantilla na tempada 2008-2009. Lucho Fernández naceu en Ferrol no ano 1975 e mide 202 cm. Formado nas categorías inferiores da cidade departamental ata a tempada 99-00 na que fichou por Los Barrios. Con posterioridade xogou catro tempadas en Bilbao, incluido un ano na ACB, Calpe, León e a pasada campaña co TAU Victoria.

Traxectoria:
- Santa Marina Ferrol. Cantera.
-1993-94 Primera Autonómica. C.B. San Rosendo Ferrol.
-1994-95 Primera Autonómica. C.B. San Rosendo Ferrol.
-1995-96 Primera Autonómica. C.B. San Rosendo Ferrol.
-1996-97 EBA. C.B. Galicia Ferrol.
-1997-98 EBA. C.B. Galicia Ferrol.
-1998-99 EBA. C.B. Galicia Ferrol.
-99-2000 LEB. C.B. Los Barrios.
-2000-01 LEB. C.B. Los Barrios.
-15/04/2001 LEB 2. UB La Palma. Entra tras acabar a LEB.
-2001-02 LEB 2. Bilbao Basket.
-2002-03 LEB. Bilbao Basket.
-2003-04 LEB. Bilbao Basket.
-2004-05 ACB. Lagun Aro Bilbao Basket.
-2005-06 LEB. Aguas de Calpe.
-2006-07 LEB. León Caja España.
-2007-08 ACB. Tau Cerámica.
-2007-08 Euroleague. Tau Cerámica.
No seu palmarés figuran dous ascensos á Liga ACB, co Bilbao e o León.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova