Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Continúan as actividades de verán da fin de semana organizadas pola Concellería de Cultura e Turismo


# Venres, 01/08/2008
As Visitas teatralizadas e Os Vellos oficios vivos forman parte da oferta cultural da cidade para os meses estivais

Esta fin de semana, a primeira de agosto, continúan as representacións das visitas teatralizadas e as demostracións dos Vellos Oficios Vivos organizadas pola Concellería de Cultura e Turismo, que dirixe Concepción Burgo.

As mostras dos Vellos Oficios Vivos comezaron o sábado 19 de xullo, coa demostración dos traballos dun soprador de cristal, un zapateiro, e un oleiro acompañados por un conxunto folclórico. Este sábado, 2 de agosto, contará coa participación de unha oleira de Bonxe, de dous cesteiros de Vigo e de dous artesáns de instrumentos musicais de Pontevedra. A actividade desenvolverase, como ven sendo habitual ao longo destes meses estivais, ao fondo dos soportais da Praza Maior, entre as 11:00 e as 15:00 horas pola mañá, e entre as 17:00 e as 20:00 horas pola tarde.

Esta actividade foi concebida para dar difundir e promocionar os sistemas de traballo seculares que empregan estes artesáns para elaborar os seus produtos. Durantes os sábados dos meses de xullo e agosto exhibirán a súa destreza silleiros, palilleiras, ferreiros, zoqueiros, oleiros… todos representantes dun estilo de traballar que sobreviviu á Revolución Industrial.

Visitas teatralizadas
Por outra banda a oferta cultural da fin de semana comlpementarase coas visitas teatralizadas que baixo o nome de Lugo de alma romana sorprende aos lucenses e visitantes coas súas historias e personaxes nesta viaxe na que a protagonista é a cidade.

As visitas comezan na Praza do Campo, siguen na Praza de Santa María, pasando pola Praza Maior e rematando no tramo peonil da Ronda da Muralla. Os pases terán lugar os venres, sábados, domingos e festivos ata o mes de setembro no seguite horario:

- Venres: ás 19:00 horas e ás 21:00 horas
- Sábado: ás 13:00 horas, ás 19:00 horas e ás 21:00 horas.
- Domingo: ás 13:00 horas.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova