Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O ciclo de Noites de cine continúa coa proxección de O alquimista impaciente


# Mércores, 06/08/2008
Será mañá xoves a partir das 21:00 horas no Telecentro do Castiñeiro

O ciclo Noites de Cine englobado no programa de …no verán ¡Lugo xa conecta! organizado pola Concellería de Servizos Xerais que dirixe Luisa Zarzuela continúa mañá xoves 7 de agosto coa proxeción de O alquimista impaciente.

Un cadáver desnudo, sin rastros de violencia, aparece atado a unha cama nun motel de carretera. Trátase ou non dun crime? O sarxento Bevilacqua, atípico investigador criminal da Guardia Civil, e o seu axudante, Chamorro, reciben a orde de resolver o enigma. A investigación que sigue non é unha mera pesquisa policial. O sarxento e o seu axudante deberán chegar ao lado oscuro e inconfesable da vítima, a súa sorprendente vida secreta, así como ás persoas que a rodeaban, na súa familia, na central nuclear onde traballaba… e desentrañar o cada vez máis complexo entramado de cartos e intereses que os levará a varias cidades. Pero a clave, como na alquimia, está na paciencia; a que necesitarán os investigadores e tamén a que lles faltou, dun modo ou outro, ás personaxes coas que tropezan na súa búsqueda.

Dirixida por Patricia Ferreira a película, basada na novela de Lorenzo Silva, conta coa participación de Ingrid Rubio, Roberto Enríquez, Chete Lera, Adriana Ozores, Miguel Ángel Solá, Jordi Dauder, Nacho Vidal, Valeria Arribas, Monti Castiñeiras, José Linuesa, Mariana Santángelo e Miguel Zúñiga.

A proxección terá lugar, como cada xoves, a partir das 21:00 horas no Telecentro do Castiñeiro. Con posterioridade á proxección os asistentes poderán participar nun debate virtual sobre a película.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova