Cargando....
Concello de Lugo
24/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo apoia a candidatura do Descenso do Sella para o premio Pobo Exemplar de Asturias


# Mércores, 06/08/2008
A proposta foi aprobada pola Xunta de Goberno Local

A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, anunciou que a Xunta de Goberno Local celebrada hoxe aprobou apoiar á candidatura do Descenso do Río Sella para  a décimo novena edición do “Premio de Pobo Exemplar de Asturias” organizado pola Fundación Príncipe de Asturias.

A Concelleira explicou que “o apoio débese a que a Asociacións Culturais de Amigos de Parres (Arriondas) e Amigos de Ribadesella  souberon aunar, nestos máis de 75 anos de existencia o deporte coa asturianía, e souberon sumar as vontades dos concellos ribereños do Sella para conseguir un feito común: a festa das piraguas”.

Méndez lembrou que “esta 72 edición do Descenso Internacional do Sella, que terá lugar esta fin de semana, contará coa novidade do irmandamento dos ríos Miño e Sella, e estará dedicada por primeira vez á cidade de Lugo”.

No pasado mes de xullo tivo lugar o irmandamento simbólico das augas do río Miño e Sellla e o venres 8 de agosto procederase ao irmandamento das augas fluviais na localidade asturiana de Ribadesella, a este acto está previsto que acuda a Concelleira de Economía e Emprego e o Concelleiro de Deportes en representación da corporación lucense.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova