Cargando....
Concello de Lugo
22/09/19
NOVAS
Escoita esta páxina

A puxa polas casetas e caldeiros de polbo das festas de San Froilán terá lugar a vindeira semana


# Xoves, 07/08/2008
Será o martes 12 ás 11:30 horas no Salón de Plenos do Concello

O vindeiro martes día 12 de agosto ás 11:30 horas, terá lugar no Salón de Plenos da Casa do Concello a tradicional puxa das casetas e dos caldeiros do polbo das Festas do San Froilán.

A concesión , segundo decidiu a Comisión de Festas, será por 3 anos, atendendo ás demandas dos polbeiros e caseteiros.

O prezo de saída das puxas aumentará este ano a subida do IPC, nun 4´9 %. Deste modo os hostaleiros poderán optar ás cinco casetas que terán os seguintes prezos de saída:

- A primeira caseta terá un prezo inicial de  17.835 euros
- A segunda  de 16.680 euros
- A terceira de 15.630 euros
- A cuarta de 14.475 euros
- A última das casetas de 13.325 euros

En canto aos prezos dos caldeiros serán os seguintes:

- O primeiro dos caldeiros sairá por 11.120 euros
- O segundo por 9.965 euros
- O terceiro por 8.920 euros
- O cuarto por 9.965 euros
 - O último por 6.610 euros.

A Comisión de Festas fixou tamén os prezos da venda ao público dos productos máis típicos do San Froilán:

- A ración de 200 gr. de polbo sairá por 6´80 euros.
- A ración de cachelos e de pan (de 200 gr.) sairá por un euro cada unha.
- ¾ de litro de denominación de viño de mesa por 4 euros.
Como todos os anos, as casetas poderán ofrecer ao público outros alimentos e bebidas complementarios con prezos non reglados.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova