Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo estudará as propostas da cidadanía para os orzamentos do ano 2009


# Xoves, 07/08/2008
O prazo estará aberto ata o 15 de setembro

O Concello de Lugo, a través da Concellería de Economía e Emprego, que dirixe Sonia Méndez, está a preparar o proceso de redacción dos orzamentos municipais do vindeiro ano 2009. Neste proceso quere dar cabida ás opinións e aportacións por parte da cidadanía lucense.

Trátase de acadar uns orzamentos participativos que permitan á cidadanía decidir en que investir parte dos cartos municipais. Por iso, o pasado venres, día 1 de agosto, enviouse unha carta ás asociacións de veciños para que realicen as súas aportacións que se recibirán na Área de Participación Cidadá. Ademáis abrirase un buzón de suxestións no portal web do Concello, www.lugo.es, para que os lucenses poidan realizar as súas aportacións de ideas de maneira individual. Tamén se aceptarán as peticións a través do correo postal e do Rexistro municipal que serán dirixidas ao servizo de Participación Cidadá.

Neste proxecto pódese suxerir todo o que os cidadáns e asociacións consideren necesario para a cidade. Unha vez recibidas todas as propostas, estudarase a súa viabilidade e valoraranse en función de prioridades como o seu interés xeral, a súa urxencia, o apoio cidadán, etcétera. Valoradas as propostas se incluirán para a súa execución á entrada en vigor dos orzamentos municipais do 2009.

O prazo para realizar as suxestións estará aberto ata o día 15 de setembro. Dende a Concellería de Economía e Emprego pídese prudencia nas suxestións xa que os recursos económicos do Concello son limitados.

Acceso ó buzón de suxestións ao orzamento municipal 2009




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova