Cargando....
Concello de Lugo
24/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Fundación CETAL convoca o concurso público de proxectos co fin de seleccionar a mellor proposta arquitectónica para a construcción da sua futura sede


# Xoves, 07/08/2008
O plazo de presentación de propostas finaliza o día 8 de Outubro

A Alcaldesa Accidental, Sonia Méndez, e o Director Xeral do Centro Tecnolóxico Agroalimentario de Lugo (CETAL), Enrique Rey, anunciaron que a Fundación CETAL convoca un concurso público co fin de seleccionar a mellor proposta que sirva de base para a contratación e a redacción do correspondiente Proxecto Técnico e a Dirección de Obra para a construcción do complexo que albergará as instalacións do Centro. As bases do concurso sairán mañá, venres 8 de agosto, publicadas no Boletín Oficial do Estado (BOE).

Méndez amosou a satisfacción do Goberno Local porque "o CETAL esté xa funcionando a pleno rendimento, ao longo do ano realizáronse diversas xornadas formativas, estase a traballar na elaboración do Plan Estratéxico e coa construcción do centro veranse materializados ainda máis os obxectivos a cumplir". A edila recordou que o presuposto do CETAL para a vindeira anualidade supera os tres millóns de euros e permitirá levar a cabo "todos os proxectos cos que estamos comprometidos".

Pola súa banda, Rey explicou que o presuposto do consurso supera os 200.000€. "A intención é a creación dun centro con características modulares para que vaia medrando conforme a actividade do centro sexa maior". O complexo contará cunha superficie aproximada de 3.600 metros cadrados.

As unidades administrativas e tecnolóxicas do edificio serán as primeiras en estar operativas. A zona dedicada á investigación e ubicación de plantas piloto estará en principio diseñada en forma de cubículos que permitan a sua posterior ocupación independente, ao igual que os  laboratorios asociados ás diversas liñas de traballo que foran precisos.

Precisamente nestes momentos a Dirección do CETAL está implicada no proceso de elaboración do Plan Estratéxico que entre outras cousas vai servir para  dotar de contidos e definir as capacidades e líneas de investigación do Centro.

A ubicación destas instalacións será no Sector SUNP, "SUR-K" (na zona de Sanfiz, ao carón da Escola Ramón Falcón) nuha parcela que conta cunha superficie de 8.951 metros cadrados. Méndez recordou que "estes terreos foron cedidos polo Concello de Lugo no acto de constitución da Fundación CETAL celebrado o 30 de abril de 2007".

Desde a dirección da Fundación CETAL buscouse a colaboración do Colexio de Arquitectos de Galicia para a  redacción dos pregos así como a labor de secretaría do concurso. Tamén se busca a difusión de este concurso a todo o territorio nacional, pois xa se realizou alguna consulta sobre o mesmo desde dentro e fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.
 
Antes de finalizar o mes de outubro terá lugar a reunión do xurado e o fallo do concurso. Neste xurado contarase coa presencia de destacados arquitectos que realizarán unha valoración, non solo con caracter estético e espacial, senón tamén das capacidades científico-tecnolóxicas da solución gañadora.

O gañador do concurso terá un prazo de 4 meses para a redacción do proxecto técnico -básico e de execución- do complexo que albergará as instalacións do centro.
 
Segundo os plazos marcados desde a Dirección do CETAL,  as obras para a construcción do centro poderían comezar nos meses de marzo ou abril do 2009.


Proxectos do CETAL
O Director do CETAL explicou que "para o que queda de ano 2008 temos unha serie de proxectos postos xa en marcha". Entre as liñas de traballo marcadas pola Fundación na última xuntanza celebrada no mes de xuño, destacan campos como a formación (a organización de xornadas especializadas), a actuación tecnolóxica (apoio ás empresas en materia de aplicación das TICS) ou os avances na área de actuación medioambiental.

Nestas accións o CETAL realizará as labores de coordinador dos grupos de investigación e empresas de base tecnolóxica, consolidándose como un referente na zona do noroeste peninsular pero co obxectivo de chegar a convertirse en referente a nivel nacional.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova