Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Continúan as demostracións de vellos oficios vivos organizados polo Concello de Lugo


# Venres, 08/08/2008
Será mañá sábado a partir das 11:00 horas na Praza Maior

Esta fin de semana continúan as demostracións dos Vellos Oficios Vivos organizadas pola Concellería de Cultura e Turismo, que dirixe Concepción Burgo.

As mostras dos Vellos Oficios Vivos tratan de dar a coñecer os sistemas de traballo que empregan os artesáns galegos para confeccionar as súas pezas.

Esta fin de semana os que se acheguen ata o fondo dos soportais da Praza Maior, entre as 11:00 e as 15:00 horas pola mañá, e entre as 17:00 e as 20:00 horas pola tarde, poderán disfrutar co saber facer dunha palilleira de Lugo que confeccionará en vivo e en directo encaixes galegos e extremeños. Tamén realizarán as súas demostracións unha artesá de traxes rexionais de Vilalba e un zoqueiro de San Simón.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova