Imprimir

CONTINÚAN AS DEMOSTRACIÓNS DE VELLOS OFICIOS VIVOS ORGANIZADOS POLO CONCELLO DE LUGO


8/8/2008 Será mañá sábado a partir das 11:00 horas na Praza Maior

Esta fin de semana continúan as demostracións dos Vellos Oficios Vivos organizadas pola Concellería de Cultura e Turismo, que dirixe Concepción Burgo.

As mostras dos Vellos Oficios Vivos tratan de dar a coñecer os sistemas de traballo que empregan os artesáns galegos para confeccionar as súas pezas.

Esta fin de semana os que se acheguen ata o fondo dos soportais da Praza Maior, entre as 11:00 e as 15:00 horas pola mañá, e entre as 17:00 e as 20:00 horas pola tarde, poderán disfrutar co saber facer dunha palilleira de Lugo que confeccionará en vivo e en directo encaixes galegos e extremeños. Tamén realizarán as súas demostracións unha artesá de traxes rexionais de Vilalba e un zoqueiro de San Simón.