Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo acolle un ano máis a presentación das festas de San Lorenzo de Foz


# Luns, 04/08/2008
O programa conta con espectáculos musicais, exposicións, cine e teatro.

A Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, acompañou esta mañá no Concello de Lugo ao Alcalde de Foz, José María García Rivera, e ao responsable de Cultura do Concello de Foz, Jaime Cancio, na presentación das festas patronais da localidade costeira, que comezaron o pasado venres 1 de agosto, cun programa que se alongará todo o mes.

A Concelleira animou “a todos os lucenses a achegarse ata a costa de Lugo e participar nas festas de Foz, que é como unha segunda cidade de Lugo onde moitos veciños pasan as súas vacacións”.

Cun orzamento de 150.000 euros, Foz festexará o San Lorenzo con música, teatro, cine, pintura, concursos e concertos ao aire libre. A música ocupará un lugar importante dentro do programa coas actuacións de Pastora, Danza Invisible, Berrogüeto e orquestras galegas e nacionais. O cartel musical complétase cun concerto de música clásica na Basílica de San Martiño de Foz.

Entre outras actividades destaca o espectáculo piromusical o 10 de agosto na praia da Rapadoira, un espectáculo con artificios acuáticos que sorprenderá a moitos.

Ademais haberá espectáculos de rúa, infantis, desfiles de xigantes e cabezudos, concursos de castelos de area na praia, cine ao aire libre, festas do polbo, festa da queimada e festa da sardiñada. 

O programa das festas, das que é pregoneiro o Presidente da Deputación Provincial de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, contará tamén con catro exposicións:

- Do 1 ao 14 de agosto: Conchas do Mundo de Luis Miguel Vicente Romay na Casa da Cultura.

- Do 1 ao 15 de agosto: Pinturas Era na oficina de turismo.

- Do 15 ao 31 de agosto: El color del Silencio de J.L.Capa na oficina de turismo.

- Do 15 de xullo ao 15 de agosto: Xacobeo na Casa do Mar.

As actividades vestirán de festa a localidade de Foz o longo de todo o mes de agosto coincidindo coa tempada alta do verán, cando a vila está repleta de turistas.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova