Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Máis de cen persoas participarán na viaxe cultural a Ferrol organizada polo Concello de Lugo


# Martes, 05/08/2008
É a terceira viaxe englobada dentro da programación de verán dos centros sociais municipais

A Concellería de Muller e Benestar Social, que dirixe Carmen Basadre, organiza unha excursión a Ferrol e á praia de San Jorge, encadrada na programación de actividades de verán. Esta é a terceira excursión de verán que se programa, despois das viaxes a as dunas de Corrubedo e ao Cervo, que se realizaron no mes de xullo.

Máis de cen persoas inscribíronse para paticipar nesta viaxe cultural a Ferrol, e gozarán dunha tarde de ocio na praia de San Jorge.

A saída terá lugar mañá mércores, 6 de agosto, ás 9:00 horas desde o Centro Social de A Milagrosa e o regreso será sobre as 19:00 horas




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova