Cargando....
Concello de Lugo
15/09/19
NOVAS
Escoita esta páxina

As Visitas Teatralizadas aumentan esta semana coincidindo coas festividades da Nosa Señora e San Roque


# Mércores, 13/08/2008
Comezarán o xoves 14 de agosto e haberá un total de 9 sesións ata o domingo

O programa de visitas teatralizadas Lugo de alma romana, incluídas no programa Verán en Lugo que  a Concellería de Cultura e Turismo está a ofrecer as fins de semana, terá dous pases extraordinarios mañá xoves por mor da festividade da Nosa Señora e de San Roque

O número de visitas teatralizadas á Muralla e ao centro histórico da cidade, que se realizarán dende o xoves 14 de agosto ata o domingo 17, ascende a un total de 9.

O horario será o seguinte:

- Xoves: ás 19:00 e 21:00 horas.

-Venres: ás 13:00, 19:00, 21:00 horas.

-Sábado: ás 13:00, 19:00, 21:00 horas.

- Domingo: ás 13:00.

A partir do próximo venres día 22 de agosto as visitas volverán ao seu horario habitual- venres, sábados e domingos-.

A duración das visitas é  de 60 minutos e as entradas teñen un prezo de 4 euros para os adultos e 2 para os nenos. Pódese recibir información e mercar as entradas no Centro de Interpretación da Muralla, nos hoteis da cidade e na Praza do Campo 15 minutos antes do comezo de cada visita.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova