Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Concelleira de Muller e Benestar Social recibe na Casa do Concello aos membros da asociación O Penedo- Fogar Galego


# Venres, 08/08/2008


A Concelleira de Muller e Benestar Social, recibiu hoxe na Casa do Concello  a asociación de emigrantes galegos en Cataluña: O Penedo -Fogar Galego.

A Concelleira deulles a benvida á cidade e ao Concello que visitaban por quinta vez. Basadre afirmou que Lugo ten un cariño especial a todos os galegos residentes en Cataluña, pero sobretodo, en Barcelona onde celebran tamén o San Froilán.

Ademais, a Concelleira felicitou "á asociación polos seus 25 anos de traballo e por levar  tan alto o nome de Galicia, para o Concello é unha honra a vosa visita"

A presidenta da asociación, Yolanda Díaz Gallego, recibiu das mans da Concelleira unha maqueta da Muralla que representa a Porta de Santiago como recordo da súa visita ao Concello.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova