Cargando....
Concello de Lugo
01/06/20
NOVAS
Escoita esta páxina

A Concelleira de Emprego asina convenios de colaboración para a realización de prácticas laborais dos alumnos de Axuda a domicilio 


# Martes, 12/08/2008
No 2007 preto de 2.000 persoas atoparon traballo no sector dos servizos sociais en Lugo

A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, asinou os convenios de colaboración para a realización de prácticas laborais dos alumnos dos cursos de Auxiliar de Axuda a domicilio que imparte o Concello de Lugo.

Trátase de acordos que permitirán aos alumnos destes cursos, facer prácticas laborais en empresas do sector.

Actualmente o Concello imparte 3 cursos de axuda a domicilio enmarcados no Plan FIP da Consellería de Traballo, e que contan con 15 alumnos. Os cursos teñen unha duración total de 465 horas teórico-prácticas e 100 horas de prácticas laborais en 6 centros de traballo -residencias, centros de día- cos que hoxe se asinaron os convenios, son: Abrite, Alalás, Sanyres, Arroupar, Asilo de ancianos de San Roque –Hermanitas de ancianos desamparados- e Asser.

A Concelleira, agradeceu a colaboración das empresas e aproveitou a ocasión para mostrarlles as instalacións do CEI-NODUS, que están a disposición dos empresarios da cidade. Tamén lles lembrou que o Concello está a impartir formación de calidade en sectores do seu interese e dispón dun servizo de intermediación laboral financiado pola Consellería de Traballo.

Boa preparación e inserción laboral
O Concello prepara aos demandantes de emprego en profesións de futuro, cunha alta empregabilidade. En  2007 foron 1.855 as persoas contratadas no sector de servizos sociais en Lugo (limpeza, asistencia domiciliaria, auxiliar enfermería), segundo datos facilitados polo observatorio de emprego. Doutra banda, o observatorio de emprego do Pacto polo emprego de Lugo, indica que son profesións que teñen unha estabilidade media, un crecemento relevante con tendencia a alza e unha ocupalidade laboral moi alta.

Na actualidade, o número de empresas de Lugo dedicadas a servizos sociais multiplicouse por dous desde o ano 2004, pasando de 21 a 42 empresas. (datos IGE), co cal se confirma que a demanda é crecente.

Os estudantes que superen o curso de formación, obterán o certificado de profesionalidade emitido pola Xunta de Galicia, que lles permitirá, por exemplo, acceder ao emprego público.

Plan FIP
A Consellería de Traballo subvenciona ao Concello con 285.000 euros para levar a cabo accións formativas do Plan FIP. Por ejemplo, o curso de técnico en sistemas de aforro enerxético xa rematou -neste intre están a elaborar unha preauditoría enerxética do edificio administrativo do Concello e da piscina municipal de Frigsa-, e o curso de axente de innovación comezará despois do verán e xa está aberto o prazo de inscripción.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova