Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Concelleira de Cultura presenta en Monforte o libro Os documentos Fonterosa de Margarita Otero


# Martes, 12/08/2008
É unha novela histórica baseada na teoría da orixe galega de Cristóbal Colón

A Concelleira de Cultura e Turismo e Alcaldesa accidental, Concepción Burgo, presenta na Sala Sargadelos de Monforte de Lemos a novela histórica Os documentos Fonterosa escrito por Margarita Otero e editado pola editorial Ineditor.

Otero foi deputada socialista e Concelleira nos anos 80 e agora presenta unha novela histórica de ficción baseada na antiga teoría, defendida por numerosos estudosos a principios do século XX, da orixe pontevedresa de Cristóbal Colón.

Os defensores desta teoría traballan con numerosos documentos dos séculos XV e XVI que confirman a existencia das familias De Colón e Fonterosa en Pontevedra, e que relacionan moitos dos acontecementos que suceden na vida do mariño, coa súa orixe galega. Cartas, aforamentos, escrituras de propiedade…son algúns dos documentos que empregan aqueles que están convencidos de que Cristóbal Colón non é xenovés senón pontevedrés, e nesta idea nace Os documentos Fonterosa

O libro desenvolve a trama entorno aos descendentes da familia Fonterosa, emparentada presuntamente co descubridor de América, e a ese segredo dun parentesco que sae á luz. A ficción xira sobre a realidade desa teoría non demostrada, e conxuga referencias ao pasado e á actualidade en Monforte de Lemos.

A Concelleira de Cultura, nacida en Monforte e con moitos lazos de unión con esa vila, presenta este título o martes 12 de agosto ás 20:00 horas na Sala Sargadelos de Monforte de Lemos.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova