Imprimir

O CONCELLO DE LUGO RECADA 129.030 EUROS COA POXA DAS CASETAS E CALDEIROS DO POLBO PARA AS FESTAS DE SAN FROILÁN 2008


12/8/2008 A poxa celebrouse no Salón de Plenos como en anos anteriores

O Salón de Plenos do Concello de Lugo acolleu un ano máis a tradicional poxa das casetas e caldeiros do polbo para o San Froilán 2008. Este ano a Comisión de Festas do Concello decidiu,a petición dos propios empresarios, que as adxudicacións tivesen 3 anos de duración. Isto, que lles garante a mesma caseta durante esos anos, unido a unha interpretación errónea das bases por parte dos hostaleiros, fixo que a poxa comezase con certo retraso.

O acto estivo presidido pola Concelleira de Cultura e Turismo e Alcaldesa accidental, Concepción Burgo, e este ano recadou a cantidade de 129.030 euros que se destinarán como é habitual para a celebración dos festexos patronais de San Froilán que comezarán o vindeiro 4 de outubro. Esta suma total supera á do ano pasado, no que se acadaron 116.700 euros.

En total adxudicáronse 5 casetas de polbo e 5 caldeiros que comezarán a instalarse seguindo a normativa específica que marcan as bases, o vindeiro 6 de setembro.

As casetas estarán situadas como en anos anteriores entre os números 1 e 5 da rúa Vila de Foz, e reportaron 84.545 euros ás arcas municipais. Os caldeiros, pola súa banda sumaron 44.485 euros.

Os adxudicatarios poderán iniciar as montaxes das súas casetas e caldeiros a partir do día 6 de setembro e abrir as súas portas a partir do 27 dese mesmo mes e ata o 1 de novembro.

Respecto aos prezos para este ano, fixáronse nunha comisión anterior en:

- A ración de polbo sairá por 6,80 euros.
- A ración de cachelos e de pan sairá por 1 euro cada unha.
- ¾ de litro de denominación de viño de mesa por 4 euros.
 
A responsable municipal, explicou que coma todos os anos a Comisión de Festas seguiu as bases a “raxatabla”. Amosou a súa satisfacción polo incremento de recadación nesta poxa que suporá un aumento dos cartos destinados ás festas de San Froilán.
 
Despois da poxa, a distribución de casetas e caldeiros quedou do seguinte modo:
 
CASETAS

Nº Caseta

Adxudicatario

Prezo de Saída

Prezo de Adxudicación

1

Pulpería Aurora e Hijos
Juan Antonio Pazo Baranda

17.835

17.835

2

Manuel Rey Vázquez

16.680

23.280

3

Ramiro López López

15.630

15.630

4

Hotel Torre de Núñez
Manuel J. Núñez Aldegunde

14.475

14.475

5

Xantar na Feira
Antonio Lorenzo Lusquiños

13.325

13.325

CALDEIROS

Nº Caldeiro

Adxudicatario

Prezo de Saída

Prezo de Adxudicación

1

Pulpería Aurora e Hijos
Juan Antonio Pazo Baranda

11.120

11.120

2

Manuel Rey Vázquez

9.965

9.965

3

Pulpería Aurora e Hijos
Juan Antonio Pazo Baranda

8.920

8.920

4

Hotel Torre de Núñez
Manuel J. Núñez Aldegunde

7.870

7.870

5

Alicia Fernández López

6.610

6.610