Imprimir

O CONCELLO DE LUGO INICIA OS TRÁMITES PARA QUE A CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN CONSTRÚA O CENTRO DE ENSINANZAS INTEGRADAS EN ALBEIROS


18/8/2008 O Alcalde asinou a cesión ao Concello de máis de 8.000 metros cadrados

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, asinou a cesión ao Concello de máis de 8.000 metros cadrados situados no barrio de Albeiros e que se destinarán á construción dun Centro de Ensinanzas Integradas.

Cúmprese deste xeito outro máis dos compromisos adoptados por este equipo de goberno coa cidadanía lucense e o obxectivo de dinamizar os barrios, neste caso o de Albeiros.

O Alcalde anunciou que de inmediato dará traslado deste feito ao delegado de Educación para que comecen os trámites necesarios para poñer en marcha a construción deste novo edificio. O Centro de Ensinanzas Integradas inclúe todos os sistemas de formación: regrada, ocupacional e continua.