Imprimir

A CORPORACIÓN LUCENSE ASISTE UN ANO MÁIS AOS ACTOS CONMEMORATIVOS DAS FESTIVIDADES DA NOSA SEÑORA E SAN ROQUE


14/8/2008

A Corporación Municipal de Lugo, presidida polo Alcalde, José López Orozco, participa no programa de actos conmemorativos das festividades da Nosa Señora e San Roque, que se celebrarán este venres, día 15, e o sábado, día 16 de agosto, respectivamente.

Os membros da Corporación asisten o venres á misa que terá lugar na Catedral, a partir das once da mañá. A comitiva oficial partirá da Casa Consistorial ás 10.50 horas, acompañados dos maceiros, o Servizo de Gala e da Banda Municipal de Música.

Despois de escoitar a misa no Coro da Catedral, a Corporación traládase ao Altar da Virxe dos Ollos Grandes, onde se reza a Salve e se ofrece un ramo de flores. A saída é pola Porta Norte.

O sábado, día de San Roque, a Corporación asistirá á misa na Capela de San Roque, sita na rúa do mesmo nome, ás 12.30 horas da mañá. Os membros da Corporación acudirán á misa en formación e partirán ás 12:20 horas, desde o Concello acompañados pola Comitiva e a Banda de Música. Á entrada da Capela a Corporación será recibida polo cura.