Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Máis de 7.300 persoas pasaron pola Oficina de Turismo de Lugo entre xullo e os dez primeiros días de agosto


# Xoves, 14/08/2008
O Centro de Interpretación da Muralla recibiu a máis de 8.000 visitantes dende a súa posta en marcha no mes de maio

A Concelleira de Cultura e Turismo e Alcaldesa accidental, Concepción Burgo, fixo balance das vistas atendidas polo Centro de Recepción de Turistas da Praza do Campo no mes de xullo e os dez primeiros días do mes de agosto.

Nestes corenta días de verán, preto de 7.500 persoas - 7.358-  foron atendidas na Oficina municipal de Turismo uns datos, segundo Burgo, “ moi positivos xa que confirman que Lugo se consolida como destino turístico e que se mantén, incluso aumenta un pouco, o número de visitantes que veñen á cidade no verán”.

A responsable municipal de turismo destacou que o 10% destos visitantes son estranxeiros -un número moi alto chegados de América do Sur, Francia e Italia- e a meirande parte nacionais, chegados dende Madrid, Cataluña, Asturias e Castela León.

Turismo nacional
Como en anos anteriores os madrileños seguen estando á cabeza con 914 visitantes no mes de xullo e os primeiros días de agosto. Están seguidos de catalanes -583- andaluces -439- vascos -344- e asturianos e leoneses -315-.

En canto á chegada de visitantes estranxeiros, Burgo sinalou que destaca a presenza de franceses -arredor de 190-, americanos -290- e italianos -153-.

Un dos grandes puntos de referencia para os turistas que se achegan a coñecer Lugo é o Centro de Interpretación da Muralla, que abreu as súas portas o pasado mes de maio e que xa recibiu  a máis de 8.000 persoas dende aquela.

Este Centro, facilita ao visitante información sobre as actividades e os puntos de interese a visitar na cidade. Alí dan a coñecer os museos cos que conta Lugo neste momento. A Concelleira de Cultura, sinalou que as visitas aos museos lucenses seguen a mesma tónica do verán pasado. A Casa dos Mosaicos segue a ser a máis visitada con máis de 1.000 persoas nos dez días de agosto, seguida do Museo de San Roque -250 persoas nesos días-, e o de Porta Miñá, con 155 visitantes.

En canto á ocupación hoteleira, a falta de datos definitivos, a Concelleira explicou que se mantén nunha media de ocupación que xira entorno ao 80%.

Concepción Burgo, destacou ademais a positiva resposta que están a recibir as Visitas Teatralizadas Lugo de alma romana, que coincidindo coas datas festivas do 15 de agosto, incrementan a súa actividade.

Guía de Lugo
Concepción Burgo tamén presentou a nova guía de Lugo elaborada por Darío Xohan Cabana, e que  “recolle o esencial da cidade, cunha pequena aproximación a o que é Lugo”.

Distribuiranse 12.000 exemplares, en galego, castelán e inglés “cun formato de fácil manexo e un contido moi comprensible”. Esta nova guía, que se poderá recoller no Centro de Interpretación da Muralla, na Praza do Campo, e que estará tamén dispoñible no portal web municipal a partir da semana que ven, é un novo medio para dar a coñecer a cidade, que se une a outras iniciativas postas en marcha pola Concellería que dirixe Concepción Burgo, como son as guías de rutas da natureza, Lugo romano, a páxina web de turismo ou as guías en mp3.

A Concelleira tamén anunciou que se solicitou ao Ministerio de Cultura unha subvención para a promoción da cidade, xa considerada como un destino turístico consolidado, e que se está proxectando, en caso de obter a axuda, a elaboración de tarxetas turísticas para que os visitantes participen en todas as actividades postas en marcha na cidade.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova