Imprimir

O CONCELLO DE LUGO PUBLICA OS FORMULARIOS DE SOLICITUDE PARA O ACCESO A PRAZAS DE FUNCIONARIOS E PERSOAL LABORAL


18/8/2008 O regulamento do Corpo de Bombeiros está colgado no portal web municipal

O Concello de Lugo publica no seu portal web municipal, no apartado de convocatorias de persoal na sección de Réxime Interior, os formularios de solicitude para o acceso en propiedade a prazas de funcionarios e persoal laboral desta administración local en quenda libre e quenda de consolidación de emprego temporal -concurso oposición-.

Ademais, xa se atopa colgado no mesmo apartado do portal do Concello o regulamento do Corpo de Bombeiros que forma parte do temario esixido para a proba das dúas prazas de bombeiros conductores en quenda libre e das once en quenda de consolidación de emprego.

A Xunta de Goberno Local aprobou esta Oferta de Emprego Público para a que o prazo de inscripción xa está aberto segundo saiu publicado no BOE o pasado venres 15 de agosto. En www.lugo.es aparecen as bases que rexen estas probas, incluíndo titulación esixida, forma de solicitude para a participación, características da praza, fases nas que se divide a proba ou o temario esixido.