Imprimir

CEO DE VERÁN APRÁZASE POR MOR DO TEMPO


18/8/2008 A actividade terá lugar mañá martes, xornada para a que está prevista unha mellor visibilidade

A actividade de Ceo de Verán, organizada pola Concellería de Servizos Sociais que dirixe Carmen Basadre, aprázase á xornada de mañá por mor da visibilidade das estrelas debido ao tempo previsto para hoxe.

Ceo de Verán é unha camiñata a pé polo Paseo do Rato onde se analizará a flora e a fauna, e onde se aproveitará para coñecer mellor as estrelas. O inicio da ruta será as 20:00 horas, fronte ao recinto para as aves do Paseo do Rato, e cunha duración dunha hora e media aproximadamente.

Os participantes comezarán a camiñata e recibirán información dun monitor especializado, sobre o coidado do medio e o respecto da natureza, así como datos sobre as distintas especies naturais e animais que atopen polo camiño. Rematarán cunha observación astronómica durante as primeiras horas da noite, que titorizará Francisco García, responsable do obradoiro de Astronomía nos centros sociais municipais do Concello.