Cargando....
Concello de Lugo
01/06/20
NOVAS
Escoita esta páxina

A Mesa de Contratación adxudica a construción do Museo Interactivo da Historia de Lugo


# Luns, 18/08/2008
A adxudictaria, Aldesa, está considerada como unha das dez empresas de construción máis importante de España

Séguese a cumprir o obxectivo de contratar obra pública para aminorar a crise da construción

López Orozco anunciou tamén a contratación do primeiro aparcadoiro da zona norte de Lugo, que terá capacidade para máis de 100 vehículos e 11 autocares

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, presidiu a  Mesa de Contratación para adxudicar a construción dunha das obras máis importantes da cidade de Lugo, o Museo Interactivo da Historia que se comezará a construir no último trimestre deste ano.
 
A proposta de adxudicación da Mesa, que contou co apoio do grupo socialista e a abstención de PP e BNG, foi para a UTE Construcciones Aldesa-Cuadernas y Arcos, S.L., que presentou unha oferta de 6.948.147,94 euros  - o prezo de licitación proposto era de 8.759.641,88 euros- e un prazo de execución de 18 meses. Agora será a Xunta de Goberno Local a que ratifique esa proposta e a adxudique.

López Orozco destacou a importancia desta obra para a cidade: “faremos todo o que esté nas nosas mans para garantir que se cumpren os prazos e que a finais de outubro estén as obras comezadas”.

O mandatario lucense explicou que esta obra repercutirá positivamente na economía da cidade mediante o incremento do turismo que “atopará un novo atractivo para visitar a cidade. Colaboramos ademais coa realización de obra pública, como xa anunciamos cando presentamos as medidas para paliar a situación de crise, e  ademais cumprimos cun compromiso que fixen cando a cidadanía me elexiu Alcalde de Lugo: equilibrar a cidade e garantir os mesmos dereitos a todos os veciños e veciñas, vivan onde vivan”.

O Museo Interactivo da Historia de Lugo supón unha nova dotación pública para a zona norte da cidade de Lugo.

O proceso a seguir logo desta adxudicación, é que a UTE presente toda a documentación precisa, e ten un prazo de 15 días para a constitución da garantía definitiva e outros 15 para a formalización do contrato.

UTE Construcciones Aldesa - Cuadernas y Arcos, S.L.
Aldesa está considerado como o décimo grupo de construción máis importante de España, o oitavo en obra civil e o noveno en canto a edificación.

Entre outras obras, Aldesa fixo o hotel Hilton de Barcelona, a fase II do Centro Comercial Las Rozas Village en Las Rozas (Madrid), o Arquivo Histórico de Lleida, e levou a cabo a rehabilitación do Museo Lázaro Galdeano en Madrid e a musealización do aparcadoiro da Praza de Ramales en Madrid ou a remodelación da Praza de Dalí-Avenida de Felipe II tamén en Madrid.

Son especialistas na realización de obras de edificación e outras relacionadas co ámbito ferroviario (dende a construción ata a conservación e o mantemento das infraestruturas), coa alta velocidade, as autovías e estradas, aeroportos, obras marítimas, como o paseo marítimo da Toxa ou obras do porto deportivo de Torrevieja, obras hidráulicas (presas, depósitos, balsas, canales…) e urbanizacións. 

Un aparcadoiro de máis de 6.000 metros cadrados
Con esta adxudicación dase un paso máis na construción desta importante obra que dotará a zona norte da cidade dunha nova dotación pública e dunha ampla zona de aparcadoiro.

López Orozco anunciou hoxe que se está preparando o plego técnico e administrativo para licitar o aparcadoiro da zona do MIHL, que conta cun espazo de 6.630 metros cadrados e que terá capacidade para acoller a máis de 120 vehículos e 11 autocares. “Este aparcadoiro servirá ao Museo e ao resto de dotacións da zona, e ademais servirá como aparcadoiro disuasorio para a xente que ven á cidade”.

Museo Interactivo da Historia de Lugo, de Nieto Sobejano
O proxecto do MIHL é idea dos arquitectos Nieto-Sobejano.  Gran parte do edificio queda semisoterrado baixo un amplo xardín que se vincula ao próximo Parque da Milagrosa.

Con todo, uns grandes edificios cilíndricos emergerán desde patios circulares e transmitirán a imaxe do novo museo á cidade. Exteriormente irán revestidos dunha celosía metálica de aceiro corten que se iluminará na noite. No interior, os materiais variarán segundo as distintas áreas, e adáptanse ás condicións dun museo interactivo (materiais absorbentes, madeiras, revocos, solados de hormigón, chans técnicos, etc)

Trátase dun proxecto moi innovador tanto na súa arquitectura como na súa futura instalación museográfica. A súa cuberta é, en realidade, un gran xardín arbolado, no que aparece un conxunto de patios circulares afundidos.

O museo distribuirase en catro plantas:

1.- PLANTA COTA 0
Corresponde ao nivel de acceso pola cuberta ajardinada. Sobresalen únicamente os cilindros principais do edificio, así como os dos ascensores, escaleiras e instalacións. O acceso ao edificio pode realizarse desde o ascensor, as escaleiras de servizo, ou a rampa-escaleira circular que baixa ao patio circular de entrada

2.- PLANTA COTA -5.70
Esta planta inclúe a maior parte dos elementos de programa do edificio. Un gran patio circular de 235 m2 constitúe o centro e acceso do museo. Todos os espazos interiores vincúlanse por medio dun área aberta e flexible de vestíbulo e circulacións. Dous patios menores de 92 m2 e de 17 m2 respectivamente, iluminan as áreas de cafetería e de oficinas. Existen dous espazos expositivos principais. A sala de exposicións temporais sitúase na banda oeste do edificio e desenvólvese nunha única planta, comunicando directamente coa zona de carga / descarga e almacéns. O área de exposicións permanentes inclúe unha zona de 3,50 m de altura concibida para expositores, vitrinas, etc. de menor escala, e un espazo protagonista, unha "caixa escénica" circular de case 500 m2 e 10 m de altura libre cuxo chan sitúase á cota -13.00 m. Un espazo circular de menor dimensión, con acceso desde o área común, inclúe a biblioteca do centro.

A banda situada ao norte constitúe o área privada e de servizos do museo, con acceso de vehículos de carga e descarga, instalacións, almacéns, zona de persoal, administración e dirección, e cociña da cafetería.

3.- PLANTA COTA -9.35
Inclúe espazos de almacén, servizos e caixas de escaleira e ascensores.

4.- PLANTA COTA-13.00
Corresponde ao nivel de chan da "caixa escénica" configurada como espazo escénico audiovisual apta para distintas configuracións en función do futuro proxecto museográfico. O espazo anexo incorpora un almacén e locais de servizo complementarios.

Unha serie de salas cilíndricas albergan as áreas expositivas que culminan no espazo principal do museo que distingue dous espazos destinados ás exposicións.

Xa que logo, o museo contará con locais para exposicións temporais, salón de actos, biblioteca, ademais de café, tenda, administración, etc. É de destacar que o sistema energético do edificio farase por medio de calderas de biomasa, o que evita o emprego de enerxías non renovables e favorece a súa sostibilidade.

Para a construción do MIHL o Concello optou por dous tipos de finaciamento:  un crédito de 6 millóns de euros con 5 anos de carencia e a un interese do 0.5% anual que nestos momento está a dar uns beneficios de 300.000 euros para o Concello, e un Convenio asinado con Erosmer que financia parte do continente e contido desta gran obra.

Listado de empresas que se presentaron á construción do MIHL:

1. FDO-CONSTRUÇOES S.A

2. CONSTRUCCIONES ALEA S.L

3. OBRASCON HUARTE LAÍN S.A (OHL)

4. TECONSA

5. UTE DICONSA - COMSA

6. DRAGADOS S.A

7. J. NARAY S.L

8. FERROVIAL AGROMÁN S.A

9. UTE CONSTRUCCIONES COTO RIBADEO S.L -
CONSTRUCCIONES Y ESTUDIOS S.A

10. UTE ACCIONA INFRAESTRUCTURAS S.A - BRUESA
CONSTRUCCIÓN S.A

11. CONSTRUCCIONES VILAMIÑO S.A

12. UTE VÍAS CONSTRUCCIONES S.A - ABERMAN EMPRESA
CONSTRUCTORA S.A

13. UTE ASOGAL CONSTRUCCIONES S.L - CONSTRUCCIÓNES J.
MAURI E HIJOS S.L

14. RADIO RECORD MONTAJES S.L

15. UTE ALDESA - CUADERNAS Y ARCOS S.L

16. CONRSAN - CORVIÁN CONSTRUCCIÓN S.A

17. UTE VIVIENDAS Y OBRAS CIVILES S.A - CONSTRUCCIONES
TABOADA Y RAMOS S.L

18. SAN MARTÍN S.A

19. EMMSA

20. UTE COPCISA S.A - CONSTRUCTORA HISPÁNICA

21. WINTERRA S.A

22. CONSTRUCCIÓN, REHABILITACIÓN Y CONSERVACIÓN S.L

23. UTE INDEZA - ALBERTO MARTÍNS DE MESQUITA E FILHOS S.A

24. UTE FCC CONSTRUCCIÓN S.A - ANTALSIS S.L

25. EXISA S.A




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova