Imprimir

O CICLO DE NOITES DE CINE CONTINÚA COA PROXECCIÓN DE O BAILE DAS ÁNIMAS


20/8/2008 Será mañá xoves a partir das 21:00 horas no Telecentro do Castiñeiro

O ciclo Noites de Cine englobado no programa de …no verán ¡Lugo xa conecta! organizado pola Concellería de Servizos Xerais que dirixe Luisa Zarzuela continúa mañá xoves 21 de agosto coa proxeción de O baile das ánimas.

Corre o outono de 1948. Mónica é unha rapaza que escapou do internado de monxas de Madrid, onde a ten recluída seu pai autoritario, Agustín, para reunirse con súa nai, Adela, que vive un certo exilio na súa casa de campo nos arredores da Coruña debido ás súas ideas liberais e republicanas. Mónica non sabe por que seu pai, sendo ela moi nena, a levou con el cando se separou de súa nai. Desde entón non a volveu ver. A causa remóntase a quince anos atrás, antes da guerra, cando durante o tradicional baile de véspera de defuntos, o halloween, que se celebraba nesa casa, a única irmá de Adela, Irma, botouse por un acantilado ao saberse encinta do seu cuñado Agustín. Tampouco a Mónica ninguén lle falou da existencia da súa tía Irma.

Dirixida por  Pedro Carvajal no ano 1994, conta coa participación de Angela Molina, Mónica Molina, Dorotea Bárcena, Joaquim de Almeida, Ana Alvarez, José Conde Cid, María Pujalte, Manuel Lorenzo, Rosa Álvarez, Julio Lago, Paloma Cela e José Sacristán entre outros.

A proxección terá lugar, como cada xoves, a partir das 21:00 horas no Telecentro do Castiñeiro. Con posterioridade á proxección os asistentes poderán participar nun debate virtual sobre a película.