Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo aproba o proxecto de reforma do xardín da Praza das Illas


# Mércores, 20/08/2008
O obxectivo é dotar dunha zona de descanso con xogos infantis ao barrio de Montirón

A Xunta de Goberno Local do Concello de Lugo aprobou o proxecto técnico da reforma do xardín da Praza das Illas segundo o anunciou o Concelleiro de Medio Ambiente, Lino González Dopeso.

O obxectivo da obra, que conta cun orzamento de 77.180 euros, é o de proxectar unha zona de estar e de descanso dotada dun espazo reservado a zona de xogos infantis no barrio de Montirón entre as rúas Illa Formentera, Illa San Simón e Illa de Ibiza.

O Concelleiro explicou que o deseño conserva os usos actuais e proveita os seus elementos funcionais, incrementando a súa capacidade estética actual. “Ademais soluciona os principais problemas do xardín ao crear unha zona de xogos independiente do resto do xardín e mellorando a súa accesibilidade”.

Actualmente o xardín conta con catro entradas, unha delas pecharase rehabilitando o muro nesa zona e outra remodelárase para convertirla nunha rampa que favorezca o acceso a persoas con discapacidade e aos carriños de bebés.

Dos catro espazos independentes manterase o seu deseño así como o arbolado, mentres que un deles transformarase en zona de xogos infantis, independente do resto do espazo verde, formada por caucho contínuo de seguridade e cespede artificial na zona de estar realizando un vallado de seguridade en todo o seu perímetro. Segundo anunciou o Concelleiro, esta zona de xogos infantis contará cunha superficie de 285 metros cadrados.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova