Cargando....
Concello de Lugo
01/06/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Análises químicas pioneiras, teléfonos intelixentes e fotografías esféricas son a base das tres novas empresas instaladas no Cei


# Xoves, 21/08/2008
Todas contan cun carácter innovador e buscan consolidarse no mercado

O Centro de Empresas e Innovación (CEI) de Lugo continúa a ser un instrumento útil para os emprendedores da cidade, de feito, o centro conta con tres novas empresas traballando nas súas instalacións.

Estas empresas caracterízanse polo seu carácter innovador e pola sensibilidade para incorporar as novas tecnoloxías ao seu traballo. Estamos ante ideas empresariais nadas en Lugo, proxectos que o CEI valorou como viables, pero que todavía teñen que consolidarse no mercado.

Estas novas empresas son:

- AMS Laboratory.- Proporciona servizos de análises químicas de alta tecnoloxía e cun alto nivel científico. Inicialmente esta actividade está enfocada á industria farmacéutica, realizando as análises necesarias no proceso que vai da búsqueda de novos fármacos ata que sae ao mercado. Ademais a empresa aplica a súa tecnoloxía ás análises agroalimentarias e medioambientais dun modo innovador que permite realizalas en pouco tempo.

Os principais valores da empresa son, a alta tecnoloxía que aplica e a experiencia do seu equipo que lles permite dar respostas rápidas e desenvolver métodos de análise en pouco tempo.

-KLASSE MOBILE.- Empresa innovadora de fabricación de teléfonos intelixentes. O seu último modelo, que está a piques de ser comercializado, inclúe xa a tecnoloxía de doble sistema Intel, con GPS de última xeracióins, Wifi, acelerómetros, pantalla táctil VGA e conta coa última versión Windows Mobile 6.1 como sistema operativo e unha memoria de 32 Gigas.

-IMAXEPLUS.- Empresa especializada na creación de imaxes panorámicas para a súa publicación en páxinas web. Estas imaxes en 360º ou fotografías esféricas realizadas polo equipo desta innovadora empresa, permiten a interactividade sobre as cousas que se están a observar así como realizar percorridos panorámicos visualizando os entornos.

Ademais, a empresa é a encargada da realización de degalicia.es onde, entre outras cousas, realiza diferentes titoriais das técnicas para a construcción de fotografías panorámicas esféricas.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova