Cargando....
Concello de Lugo
01/06/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo é estricto en canto á concesión de licenzas para a instalación de estacións base de telefonía móbil


# Xoves, 21/08/2008
Dende o ano 2005 hai 20 expedientes sancionadores, 13 antenas non funcionan xa, 3 están en trámite de precinto, 2 están en tramitación os recursos e doutras 2 non se acreditou que funcionen

A Delegada de Urbanismo, María Novo, quixo aclarar as declaracións feitas polo responsable municipal nacionalista sobre a instalación de estacións base de telefonía móbil no ámbito do concello de Lugo.

María Novo explicou que dende o ano 2005 hai 20 expedientes sancionadores, 13 deles están resoltos e as antenas xa non funcionan, 3 están pendentes de fixar día e hora para practicar o precinto -neste proceso hai que notificar ás compañías e aos propietarios o día e hora-, outras dúas estacións base son recentes, existe orde de paralización que está recurrida polas compañías e nas últimas 2 non se acreditou tecnicamente que funcionen, o cal é un requisito imprescindible para o precinto.

María Novo destacou que se trata de trámites administrativos reglados, que deben seguir un procedemento que a administración local non pode ignorar, ante o risco de que se non se segue a tramitación axustada a dereito, o xulgado pode estimar as demandas das compañías de telefonía.

Situación real das estacións base:

-           Rei Don García nº 25: iniciado expediente sancionador por unha denuncia feita en marzo de 2008. Automaticamente hai unha resolución do Concelleiro de Urbanismo comunicando a obriga de paralizar as obras. A empresa presentou alegacións. Neste momento estanse a tramitar estas alegacións.

-           Bispo Aguirre nº 10: Hai unha denuncia da propia policía local. O Concello tramita un expediente sancionador que chega ao Xulgado do Contencioso. O xulgado da a razón ao Concello e neste momento estase en proceso de execución de sentenza. Hai que comprobar que a antena está en funcionamento e os informes policias polo de agora só acreditan a instalación, non o funcionamento da antena. Existe orde de retirada.

-           Rúa Santiago, nº 76: Hai un informe da Patrulla Verde que confirma a instalación pero non o funcionamento da antena, para comprobar este punto é necesario o acceso ao edificio e un informe técnico que acredite fehacientemente o funcionamento. Existe orde de retirada.

-           Cidade de Vigo, nº7 e Miguel de Cervantes nº 58 : Existe sentenza xudicial firme para a súa retirada consecuencia de un proceso iniciado polo Concello. Comprobouse que voluntariamente non deixara de funcionar e está pendente fixar día e hora para o precinto que será no mes de setembro.

-           Rúa Pomar nº 3: Está previsto o precinto no mes de setembro.

Solicitude de informes
A Delegada de Urbanismo anunciou ademais que o Concello de Lugo, ante a gravidade das afirmacións feitas polo voceiro do Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego, quen di literalmente no Rogo presentado en rexistro, que as infraestruturas de telefonía móbil “caracterízanse por seren emisoras radioeléctricas con efectos adversos para a saúde das persoas”, e coa finalidade de facer prevalecer por riba de todo a seguridade da cidadanía, vai a solicitar ante o Ministerio de Sanidade e Consumo, a Consellería de Sanidade, o Ministerio de Industria, a Consellería de Industria e a Organización Mundial da Saúde un informe que aclare estas afirmacións feitas.
 
María Novo, explicou que inmediatamente despois de coñecer esta información, os responsables do equipo de goberno “puxémonos en contacto coa Asociación Española Contra o Cancro e coa FEMP para comprobar si realmente existe na actualidade algún estudo que confirme estos supostos “efectos adversos”. Non existen”.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova