Cargando....
Concello de Lugo
14/10/19
NOVAS
Escoita esta páxina

Aceptadas o 70% das enmendas ao borrador do Regulamento de Participación Cidadá que se aprobará co máximo consenso


# Xoves, 21/08/2008
O obxectivo é incorporar novos canles e espazos de participación para a cidadanía
Luisa Zarzuela anunciou melloras na nave de asociacións de Frigsa
Crearase un espazo web de asociacións


A Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, anunciou hoxe que se están a dar novos pasos na realización do novo regulamento de participación cidadana que trata de incorporar novos canles e espazos de participación para a cidadanía.

A Concelleira lembrou que dende a entrada en vigor no ano 2000 do primeiro regulamento producíronse cambios lexislativos importantes como a Lei de Grandes Cidades. “Este Goberno local ven realizando uns avances moi importantes no que se refire á participación cidadá como a Comisión de queixas e suxestións, distintos consellos sectoriais, pero tamén diferentes canles de participacipación para que a cidadanía poda reflexas as a súas opinións como o servizo 010, a través do portal web, do correo electrónico, fax…

Zarzuela afirmou que este é un regulamento participativo xa que nel quedan reflectidas as propostas da Comisión encargada da súa redacción na que teñen representación todos os partidos políticos e as asociacións veciñais. Ademais ao longo dun mes permitiuse aos veciños, que individualmente, realizasen as súas propostas para este regulamento.

En total, segundo explicou a Concelleira, os membros da Comisión presentaron un total de 51 enmendas ao borrador do regulamento, dos que os técnicos do Concello admitiron o 70%.

Pola súa banda, os veciños presentaron aproximadamente 30 aportacións que serán estudados nunha xuntanza que manterá a Comisión esta mesma tarde.

As novidades que presenta este regulamento son:
- Os orzamentos participativos
- O desenvolvemento da iniciativa e da consulta popular
- A descentralización da administración a través das novas tecnoloxías.
- A creación dun foro de participación da cidadanía no portal web do Concello
- A retransmisión dos plenos municipais a través do portal web
- Distritos

A Concelleira recordou que no regulamento proponse dous distritos: un urbano e outro rural, para o que se valorou a experiencia doutras cidades, a súa xestión, organización e a súa utilidade.

Novas subvencións
Por outra banda, a Concelleira anunciou que o Concello recibiu do Ministerio de Administracións Públicas unha subvención de 35.741 euros, o 40% do presuposto total, para acometer diversas melloras nos locais da nave de Frigsa no que se aloxan 12 asociacións. Pola súa banda o Concello aportará un total de 59.000 euros para  este proxecto que inclúe, entre outras, a instalación de calefacción e a creación dunha sala multiusos para reunións e actividades con acceso a Internet.

Ademais, a responsable de Servizos Xerais explicou que se investirán 16.000 euros, financiados ao 50% polo Concello e o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, dentro do programa Lugo Singular, para a creación dun portal de asociacións ao que se terá acceso a través do portal web municipal. Zarzuela indicou que o obxectivo é facilitar ás asociacións un espazo onde atopar aquela información do Concello e doutras entidades que lles poda ser útil, así como proporcionarlles un lugar onde poder publicar a súa propia información.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova