Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Praza do Castiñeiro acollerá numerosas actividades de lecer para a mocidade lucense


# Venres, 22/08/2008
Será de luns a venres entre as 18:00 e as 20:00 horas

A vindeira semana comezará na Praza do Castiñeiro un conxunto de actividades de lecer dirixidas á mocidade lucense organizadas pola Concellería de Xuventude.

Dende a área que dirixe Carmen Basadre considérase que a rúa é un importante espazo de socialización  no que se pode traballar no ámbito da educación a través do lecer constructivo. Ademais, preténdese dar alternativas de lecer atendendo ás necesidades detectadas na comunidade lucense e, sobretodo, disminuindo os factores de risco e aumentando os factores de protección dos mozos e mozas de Lugo.

As actividades terán lugar de luns a venres entre as 18:00 e as 20:00 horas do 25 de agosto ao 12 de setembro.

As rapazas e rapaces poderán participar nas diferentes actividades preparadas como os partidos de pinpón, badminton, fútbol, baloncesto, voleiball, rugbi, hoockey, mazaball, xogos malabares como diábolos, aros, indiakas, platos chinos e xogos con paracaídas.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova