Imprimir

CONTINÚAN ESTA FIN DE SEMANA AS DEMOSTRACIÓNS DE VELLOS OFICIOS VIVOS E DAS VISITAS TEATRALIZADAS ORGANIZADAS POLO CONCELLO DE LUGO


22/8/2008 Forman parte das actividades turísticas e culturais programadas para os meses de verán

Esta fin de semana continúan as demostracións dos Vellos Oficios Vivos organizadas pola Concellería de Cultura e Turismo, que dirixe Concepción Burgo.

As mostras dos Vellos Oficios Vivos tratan de dar a coñecer os sistemas de traballo que empregan os artesáns galegos para confeccionar as súas pezas.

Esta fin de semana os que se acheguen ata o fondo dos soportais da Praza Maior, entre as 11:00 e as 15:00 horas pola mañá, e entre as 17:00 e as 20:00 horas pola tarde, poderán disfrutar co saber facer dun cesteiro e dunha cesteira que confeccionarán in situ cestos de láminas de madeira trenzadas e cestos de palla de centeo con cortiza de silvas; esta última trátase dun tipo de cestería case extinguida agás nalgunha parte da Costa da Morte. Ademais, nesta xornada participarán tamén dous calígrafos de Cambre que farán demostracións de escritura e de deseño con pluma.

Por outra banda, como cada fin de semana continúan as representacións das visitas teatralizadas Lugo de alma romana. Os pases terán lugar no seguite horario:

- Venres: ás 19:00 horas e ás 21:00 horas
- Sábado: ás 13:00 horas, ás 19:00 horas e ás 21:00 horas.
- Domingo: ás 13:00 horas.

A duración das visitas será de 60 minutos e as entradas serán a 4 euros para os adultos e 2 para os nenos. Poderase recibir información e mercar as entradas no Centro de Interpretación da Muralla, nos hoteis da cidade e na Praza do Campo 15 minutos antes do comezo da visita.