Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello permitirá realizar cinco novos procedementos adminitrativos a través do portal web


# Luns, 25/08/2008
A web municipal recibiu preto de 800.000 visitas no que vai de ano

A Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, anunciou que o Concello de Lugo, no seu proceso da modernización da administración local, está a traballar en cinco novos procedementos que a cidadanía poderá realizar a través do portal web. Estes procedementos que na actualidade están en probas e que se porán en funcionamento antes de finais de ano son:

- Alta do padrón
- Licenza de obra maior
- Licenza de obra menor
- Actividades calificadas
- Contrato de servizos

A Concelleira explicou que o Concello se atopa inmerso neste ambicioso proceso de modernización dos procedementos administrativos inspirado nos valores de transparencia, axilidade e eficacia, mellorando os tempos de resposta. Zarzuela sinalou que a cidadanía xa conta con ferramentas no portal web para axilizar os procedementos como a solicitude do volante do empadronamento, o pagamento de recibos on-line (utilizado xa por 415 usuarios), o buzón do cidadán, realizar suxestións e reclamacións, así como a descarga de documentos de utilidade. Próximamente iranse incorporando novas consultas e funcionalidades para facer máis áxiles as  xestións dos lucenses co Concello. 

Balance portal
Por outra banda, a edila fixo balance do funcionamento do portal web municipal, que recibiu no que vai de ano un total de 799.259 visitas. “Estes datos demostran que portal é cada vez máis coñecida e utilizada para informarse sobre a actualidade e as actividades que se levan a cabo dende o Concello, xa que en oito meses do 2008 temos case 400.000 visitantes máis que en todo o ano 2005”.

Dende a súa creación, a páxina tivo un cremento en número de visitas duplicando ou triplicando ano a ano. Ademais, este ano o Concello estenou unha nova páxina web que ten como obxectivo ser o espazo de información e comunicación directo entre a administración municipal e a cidadanía. Lugo.es busca ofrecerlles aos lucenses uns servizos telemáticos que axilicen os trámitres, aumentar a eficacia na xestión dos recursos públicos e aumentar a participación da cidadanía.

Dende que comezou a funcionar o novo portal no mes de maio, foron 187.131 as visitas recibidas.

Respecto á comparativa dos meses, mantense unha media que ronda as 100.000 visitas ao mes, sendo abril o mes de máis visitas, con 118.570.

No apartado de destacados máis pinchados, destaca con diferencia o blog de José López Orozco, con 12.624 cliks, seguido do A-Z de Servizos, que tivo 6.337 cliks. Superando os cinco mil está o Arde Lucus, e máis de 3500 clicks tivo o Corre Con Nós, cifra que rondou o pagamento de recibos on-line e o PIT.

En canto as Concellerias máis visitadas está a Concellería de Cultura e Turismo con preto de 150.000 visitas, seguida pola Concellería de Muller e Benestar Social con máis de 130.000 visitas. Despois se atopan Deportes con máis de 70.000 visitas, Educación con 68.166 e Servizos Xerais con 66.000.

Tamén destacan o numero de clicks que reciben a sección de actualidade, a Guia Cidadá, o Cei-Nodus e os encontros co Alcalde.

Segundo as estatísticas, as páxina non só aumenta en numero de visitas senón tamén o número de descargas. Os documentos máis descargados foron o de Lugo Termal con 2.173. Con máis de mil destacan os programas culturais, as normas de habitabilidade do apartado de urbanismo, a guía de autobuses e os programas de entroido e Semana Santa.

Plenos on-line
Por outra banda, a Concelleira de Servizos Xerais, anunciou que o vindeiro luns 1 de setembro xa se poderá visionar dende o portal web do Concello as sesións do Pleno, facendo máis accesible e transparente para a cidadanía a información municipal, un obxectivo marcado polo actual Goberno Local.  Zarzuela explicou que “Lugo é o único Concello de Galicia que permite seguir en directo todo o que pasa no Pleno Municipal”.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova