Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo inviste máis de 1.500.000 euros nas instalacións deportivas da cidade


# Martes, 26/08/2008
O obxectivo é que os deportistas lucenses conten coas instalacións nas mellores condicións

A piques de comezar o curso deportivo da cidade, o Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, fixo balance das obras de mellora que se están a realizar e as xa realizadas en practicamente todas as instalacións deportivas da cidade.  As labores de mellora foron executadas na súa maioría nestes dous meses aproveitando a tempada de veran e para que estén listas ao comezo das diferentes competicións e cursos.

O Concello de Lugo  investiu nestas obras un total de 1.510.200 euros, unha cantidade que demostra o apoio do Goberno Local ao deporte lucense, xa que “o obxectivo é que os deportistas conten coas instalacións coas mellores condicións para a práctica das súas disciplinas”.

O Concelleiro explicou que “hai tres obras que están a piques de rematar, como é a Casa do Deporte, os locais adicionais do campo de A Cheda e os vestiarios do campo Luis López Gorgoso, que de feito xa se están utilizando dende fai unha semana”.

Entre as obras que están xa adxudicadas e que comezarán no vindeiro mes de setembro, atópanse a obra de escalada do complexo deportivo de Frigsa, o cambio do pavimento do polideportivo de A Piringalla por un máis axeitado para a práctica de hockey e patinaxe artístico (utilizado nos últimos campionatos do mundo de hockey), a mellora da zona deportiva da Praza de Viana do Castelo con céspede artificial, así como a creación dunha nova zona para realizar traballos específicos no campo de A Cheda.

Ademais, Grandío anunciou que a vindeira semana, o día 1 de setembro, terá lugar a apertura de plicas da adxudicación das obras do campo de béisbol do Ceao. “Agardamos que esta obra esté rematada a finais de ano para que os deportistas que practican este deporte podan disfrutar das instalacións canto antes”.

Entre as obras xa rematadas atópanse:
-Pista de tenis de A Piringalla
- Instalacións de auga quente e sanitarios a  través de enerxía solar nos vestiarios de Luis lópez Gorgoso e o Polideportivo da Avenida de Duquesa de Lugo.
- Instalacións de auga quente e sanitarios no campo de fútbol de o Ceao
- Pista de petanca de Frigsa
- Iluminación e pintura das pistas de tenis de o Palomar
- Adquisición de canastas e porterías
- Iluminación de zonas peonís do Polvorín e de A Cheda
- Megafonía para os campos de As Gándaras
- Instalación dun fabricador de xeo no pavillón municipal
- Nova instalación de auga quente e sanitarios no polideportivo de A Piringalla
- Acondicionamento do circuito de motocross de Rubiás
- Cuberta do polideportivo de A Piringalla
- Repintado das rúas das pistas de Gregorio Pérez Rivera
- Instalación do falso teito do ximnasio de boxeo
- Iluminación e outras melloras na pista polideportiva de Galegos
- Mellora dos accesos dos campos de As Gándaras
- Instalación de megafonía no Luis López Gorgoso
- Reposición de marcadores nos campos de O Palomar e Frigsa.

Por outra banda, o Concelleiro  anunciou que na primeira quincena de setembro  asistirá a unha xuntanza na que participarán a área de infraestruturas do Concello e  da Deputación coa directiva do CD Lugo para abordar a urbanización da parte frontal do Anxo Carro e da vía que discurre entre o Anxo Carro e o Campo de A Cheda.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova