Cargando....
Concello de Lugo
18/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O novo número da revista Foeminas presenta a un grupo de homes que loitan pola igualdade de xénero en Perú


# Mércores, 27/08/2008


A revista Foeminas chega cun novo número onde pon especial atención en distintas experiencias e perspectivas para abordar os problemas de xénero.

Nesta ocasión preséntase a primeira parte dunha reportaxe realizada ao un colectivo MAGÉNTA, un grupo integrado maioritariamente por homes, que loitan pola igualdade de xénero en Perú.

Na sección Portada ofrécese un informe sobre a publicidade sexista, "De muller floreiro a cidadá. Unha aproximación ao problema da publicidade sexista". A reflexión habitual dos editores da revista neste apartado está destinada a pensar e analizar o rol do patriarcado na nosa sociedade actual.

Mullerciclopedia inclúe un artigo sobre o libro recentemente publicado de Virginia Ferrer "Recuerda mundo. Novela ecológica en la tierra de Oliva Sabuco".

O apartado de Historia de Mulleres brinda a segunda parte da vida e a obra da gran pedagoga galega María Barbeito. Mentres que na Galería de Arte recórdase o traballo Lotte Reiniger a partir da exposición que se está a desenvolver sobre a súa obra na Fundación Luis Seoane. Ademais Contemporánearroba achega a obra da deseñadora gráfica e fotógrafa Bea Macía.

Para rematar, continúan as outras seccións permanentes de Foeminas: Viaxeiras, Mullerecetario, Foeminas panorámica e Noticias, nos que se poderán atopar novos contidos.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova