Cargando....
Concello de Lugo
18/07/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello acolle a presentación do XLV Gran Premio Ciclista de A Milagrosa


# Xoves, 28/08/2008
A proba terá lugar o sábado 30 de agosto a partir das 16:00 horas

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, presentou xunto ao presidente do Club Ciclista de A Milagrosa, Luis López, e o vicepresidente, José Manuel do Barrio, o XLV Gran Premio Ciclista de A Milagrosa que se celebrará o vindeiro sábado 30 de agosto.

A carreira, que terá lugar no circuíto da Avenida Duquesa de Lugo entre as 16:00 e as 22:00 horas, contará coa participación duns 200 ciclistas das categorías Escola (principiantes-alevíns-infantís), Cadetes e Juniors.

Entre os participantes haberá deportistas de clubes procedentes de Oviedo, Gijón, dous de León e dez equipos galegos.

O Concelleiro explicou que nesta edición dunha das probas máis antigas do ciclismo galego aproveitarase para realizar unha pequena homenaxe ao recentemente falecido árbitro do mundo do ciclismo Fidel Rodríguez Lázare.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova