Imprimir

O CONCELLO ACOLLE A PRESENTACIÓN DO XLV GRAN PREMIO CICLISTA DE A MILAGROSA


28/8/2008 A proba terá lugar o sábado 30 de agosto a partir das 16:00 horas

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, presentou xunto ao presidente do Club Ciclista de A Milagrosa, Luis López, e o vicepresidente, José Manuel do Barrio, o XLV Gran Premio Ciclista de A Milagrosa que se celebrará o vindeiro sábado 30 de agosto.

A carreira, que terá lugar no circuíto da Avenida Duquesa de Lugo entre as 16:00 e as 22:00 horas, contará coa participación duns 200 ciclistas das categorías Escola (principiantes-alevíns-infantís), Cadetes e Juniors.

Entre os participantes haberá deportistas de clubes procedentes de Oviedo, Gijón, dous de León e dez equipos galegos.

O Concelleiro explicou que nesta edición dunha das probas máis antigas do ciclismo galego aproveitarase para realizar unha pequena homenaxe ao recentemente falecido árbitro do mundo do ciclismo Fidel Rodríguez Lázare.