Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo ten en execución máis do 72% do orzamento municipal para o 2008


# Xoves, 28/08/2008
A Concelleira de Economía destacou a execución de obras tan importantes para a cidade como os accesos ao novo Hospital

Pediu que non se manipule a información económica "atendendo a intereses partidistas"

O Concello de Lugo conta cunha economía saneada que lle permite garantir que non reducirá o gasto social

A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, destacou a evolución “moi satisfactoria” da execución do orzamento municipal nos oito primeiros meses do ano. Neste momento o grado de execución é do 72,7% “é a porcentaxe que recolle as obras, actividades e servizos actualmente en execución”.

Sonia Méndez, quixo puntualizar que é fundamental que a información económica non se descontextualice “que non se manipule. Algún partido está a dar datos sesgados para decir que o nivel de execución non é positivo. Eu retiérome na información de execución e obras en marcha”.

Méndez destacou que neste momento hai obras en execución tan importantes como os accesos ao novo hospital, “unha infraestrutura fundamental para a cidade, e que contan cun investimento de 1.300.000 euros en execución. Esto non o contabilizan os que critican o orzamento”.

Para a responsable de Economía é moi importante o orzamento de investimentos, dedicado a obras, xa que estas obras dan lugar a dotacións públicas e supoñen a creación de postos de traballo. “Unha das nosas prioridades é exectualo satisfactoriamente”.
 
Transparencia absoluta
A responsable do departamento de Economía, informa continuamente sobre a evolución da situación económica do Concello, de feito hai uns días explicou os datos da Conta Xeral do 2007. “Intentamos ser completamente transparentes, que a cidadanía saiba en cada momento en que se inviste o diñeiro público”.

Sonia Méndez lembrou ademais que no Concello todas os gastos pasan por unha Xunta de Compras na que están sempre presentes os grupos da oposición, que ademais participan nunha xuntanza mensual na que se da conta do nivel de execución do orzamento municipal. “Nunca eliminamos datos que non interesan, explicamos o bo e o malo, pero é que os datos económicos na actualidade son positivos no Concello de Lugo. Temos un gasto por habitante histórico que ascende a máis de 900 euros, gasto que se traduce en servizos públicos para a cidadanía, é polo tanto ninguén o pode cualificar como un despilfarro. Non vamos a permitir que se manipule á cidadanía”.

Méndez lembrou que na actualidade “a economía do Concello está saneada o que nos permitirá afrontar situacións económicas adversas. Estos datos son públicos, están en mans da oposición e colgados na web, pero hai a quen lle interesa que non se saiba todo”.

Algúns indicadores económicos confirman unha situación moi positiva das contas municipais: o esforzo inversor do Concello, aumentou en 5 puntos, a autonomía financeira do Concello é maior, contamos cun superávit de 4 millóns reflexo da boa xestión, e reducimos a débeda.

Gasto corrente necesario
A Concelleira quixo ademais aproveitar a comparecencia, para explicar o que é gasto corrente xa que a oposición pediu que se reducise este nun 20%, obviando o significado deste gasto. “O gasto corrente é o gasto social, o gasto en axuda a domicilio, en actividades sociais, culturais, en deporte. Tamén é o gasto en limpeza, recollida de residuos, mantemento de zonas verdes…Son partidas orzamentarias derivadas de contratos que temos anualmente e que aumentan polo IPC e porque cada ano aumenta a superficie verde do concello, as rúas que se limpan e as persoas beneficiadas dos servizos e que participan nas actividades do Concello”.

A redución do gasto corrente polo tanto implicaría unha reducción na prestación de servizos á cidadanía “os grupos da oposición piden esto, polo tanto que digan a que queren renunciar. Estamos dispostos a reducir gastos, pero este equipo de goberno nunca reducirá o gasto social nin público, por moito que digan”.

No 98 a débeda superaba o 100% do orzamento
Sonia Méndez tamén pediu á oposición que non derán “leccións de austeridade e control do gasto, cando no ano 98 a débeda do Concello de Lugo superaba o 100% do orzamento total. Na actualidade, con López Orozco, reducímola a un 45%”.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova