Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello construirá a nova sede da Policía Local e Protección Civil na zona de San Fiz


# Venres, 29/08/2008
As previsións indican que estará rematado no 2010

O Concelleiro de Protección da Comunidade e Réxime Interior, José Rábade, presentou hoxe o pliego de características técnicas do concurso para a contratación do proxecto do futuro edificio dotacional destinado á Policía Local e a Protección Civil que contará cun orzamento que ronda os 3.500.000 euros.
 
O edil explicou que o edifico estará situado no barrio de San Fiz, no Sector Sur-K, unha zona en crecemento que dende o Concello se está a revitalizar coa futura construcción do edificio do Centro Tecnolóxico e Agroalimentario (CETAL) e un centro cívico. Nesta parcela, de 3.279 metros cadrados, preténdese a realización dun edificio dotacional que teña un carácter emblemático e representativo pero, ao mesmo tempo, práctico e operativo. Ademais nel primará a incorporación das novas tecnoloxías a nivel constructivo e medioambiental, buscando a optimización entre calidade e executabilidade.

Rábade indicou que “a superficie construida superará os 5.000 metros cadrados e nos que se deberán incluir unha serie de contidos mínimos que terán que contemplar as propostas dos concursantes”. Entre os requisitos básicos os anteproxectos deberán incluir:

● Na zona destinada á Policía Local:
- Sala de prácticas de tiro e armero
- Vestuarios (que deberán estar deseñados de tal modo que se permita unha flexibilidade de compartimentación en función do número de persoas de cada sexo estimándose inicialmente un cómputo de 161 policías homes e 50 mulleres e 48 oficiales (24 homes e 24 mulleres)
-  Sala de mantemento
- Sala de designación de servizos, xunta xeral, academia e biblioteca
- Museo vinculado á historia da Policía Local e Protección Civil
- Cuartos técnicos para repetidores, ascensor e calderas
- Zona administrativa con despachos para os diferentes servizos deste corpo de seguridade, sala de xuntanzas, sala integral e RAC, sala de control de tráfico e salas de espera para esta zona administrativa.

● Na zona destinada a Protección Civil:
- Sala de xuntas e emerxencia
- Unha oficina administrativa
- Despacho técnico
- Despacho de Reprografía
- Zona para emerxencias con: dormitorios para 15 persoas, sala de descanso, comedor, office.
- Cuarto de basuras
- Cuarto de instalacións, máquinas, caldeira…
- Almacén

● Dependencias comúns:
- Garaxe duns 2.200 metros cadrados
- Almacén que sirva ás distintas partes do edificio

● Zona exterior: Prevese o acondicionamento exterior do resto da parcela, incluíndo a zona peonil, de aparcamento, de xardíns,…

En canto aos prazos da obra desta nova dotación para a cidade, o Concelleiro explicou que “as previsións son que neste ano se redacte o proxecto, que a contratación teña lugar no ano 2009 e que no 2010 esté rematado para poder trasladar á Policía e a Protección Civil”. 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova